miércoles, 23 de mayo de 2007

Actividade "Día de Internet"

En relación coas actividades que estades a desenvolver para "A Aposta", tedes que procurar na web novas relacionadas co cambio climático, a conservación do medio, a a Axenda XXI.
Cada noticia debe ir acompañada dunha imaxe e dun comentario persoal, e asinada polos dous membros do grupo.
Para cada noticia tedes que facer referencia á fonte, o medio e a data de publicación.
Unha vez teñades atopada a noticia, tedes que redactala empregando Google Docs e compartila co usuario canayag@gmail.com. Dese xeito publicaranse todas as noticias e os vosos comentarios no blog http://iesvios.blogspot.com.
Para procurar as noticias, poden resultar de utilidade as ligazóns que aparecen á dereita no apartado Enlaces ou ben podédelas procurar nos xornais dixitais.