miércoles, 13 de junio de 2007

¿QUE FARÍAS CON 200.5 KG DE CO2 AO ANO?

Mandalos á atmosfera e contaminar

O consumo aproximado de papel de aluminio dun ser humano ao ano e de 7.9 kg; é dicir 200 kg de CO2.

Xúntate a nós, cada día somos máis.

Axúdanos a salvar o planeta.

Continuamos coa aposta

Como xa sabedes, as alumnas e os alumnos de 2ºA, estamos a apostar algo moi importante: o futuro do planeta. Xa sabemos que é algo esaxerado, pero nun futuro non moi afastado a contaminación podería ser un dos factores que destruia ó noso planeta. Por iso nos apostámoslle á Xunta que iamos reducir un 8% o consumo escolar de papel, luz, calefacción...Tamén estivemos reciclando o papel que consumimos, pilas, plásticos, latas, botellas de vidrio...

Aínda que contamos coa axuda de todo o alumnado e profesorado, queríamos agradecerllo en especial ó grupo de 1ºA, pola, tanto calidade como cantidade do material que tiraron. Pero tamén están as ovellas negras da familia, neste caso, da escola; as cales nin sequera nos intentaron axudar, non deixándonos apagar o stand-by dos ordenadore, ou abrindo as ventás tendo a calefacción acendida...

No que levamos de curso xa reducimos un 8% o consumo da escola con respecto ó ano pasado. É aquí unha estimación do que levamos aforrado ata o día 21 de maio:

TÁBOA DE AFORRO

Aforro estimativo

Descripción da actividade Cantidade reducida Factor de emisión Kg. de co2 aforrados
Gasoleo calefacción 88 l. 2,6 228 Kg.
Electricidade 401,29 Kw. 0,92 300 Kg.
Reciclaxe papel 239 Kg. 0,95 227,66 Kg.
Reciclaxe de pilas 94,6 Kg. 3 283,8 Kg.
Uso papel reciclado 130 Kg. 0,95 123,50 Kg.
Reciclaxe latas de refresco 236 u. 0,43 101,48 Kg.
Traballo B.N.L.

100 Kg.
Campaña “froita por chucherías”

100 Kg.
Recollida envases vidrio

100 Kg.
Información ós compañeiros

100 Kg.
Reducir uso papel aluminio

100 Kg.
Recollida plásticos 4,6 Kg. 3 13 Kg.
TOTAL AFORRADO

1768,24 Kg.

Según os cálculos feitos que vos mostramos, nós apostamos reducir 1138,08 Kg. de CO2.

Queremos pedirvos a vosa axuda, e que continuedes reciclando, reducindo e reutilizando nas vosas casas. Sabemos que nós sós non somos capaces, pero coa vosa axuda sabemos que podemos salvar o planeta.


O resultado desta aposta gañada por nós, foi positivo. Por iso a fundación Amigos da Terra agasallounos cunha viaxe ás Corcerizas, na serra de San Mamede, Ourense.

Estivemos dous días nun albergue rodeados de monte e illados de todo tipo de cables eléctricos, coches, torres de alta tensión, cobertura para os móbiles...

O albergue abastecíase a sí mesmo con enerxía que él mesmo producía: cunha mini central hidráulica, paneis solares...

Aprendemos moito sobre enerxías renovables e os seus moitos aspectos positivos sempre que non se exceda o seu uso ou se instalen sen pensar no seu impacto mediambiental na zona. Outra das moitas cousas interesantes que aprendemos foi o procedemento para facer unha casa empregando a bio-construcción, na que os constructores válense de materiais naturais , ou pouco contaminantes e procurando que sexan típicos da zona. De feito as edificación deste albergue, que eran dous módulos separados, estaban construídas seguindo esta técnica.

A paisaxe era impresionante; non había papeis tirados polo chan, nin fume no ambiente, nin cabres mesturándose coas ramas das árbores...

É un sitio máxico; recomendámosvos que se tédela ocasión vaiádelo visitar.

Tidos deberíamos coidala nattureza para conservar lugares así.

Esto é o que pasa ó non coidar o noso entorno e non facernos cargo dos nosos actos:

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Porque todos temos dereito a vivir, pero tamén a respecta-la natureza

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.


LOITEMOS POR UN MUNDO SEN CONTAMINACIÓN