viernes, 30 de noviembre de 2007

Xornada Micolóxica

Recopilación de textos feita polo alumnnado de 2º ESO, grupo A.

O día da xornada micolóxica tivemos unha breve charla cun profesor de setas (micólogo) que nos explicou como recoñecer as setas, os danos que pode provocar unha seta venenosa, ou como se reproducen. (David Botana)

Fomos a un monte de castineiros a atopar setas. Carlos, o micólogo, íanos explicando o nome da seta, a clase a que pertencia e si era venenosa ou non. (Rubén Pazos)

Os profes que nos acompañaron e o especialísta pensaban que non iamos atopar ningunha seta porque non fixera tempo delas. Pero quedáronse moi impresionados cando viron que había moitas.(Cristina Bodelo)

A verdade é que o que dí Cristina é certo pero tiñamos o referente do curso pasado no que atoparamos moitas mais e de diversas tipoloxias.

Algunhas das setas eran realmente espectaculares. Ningún de nós sabía da existencia de aqueles tipos de fungos. (Inés Palla)

Habíanas de moitas cores e tamaños e tamén de cheiros diferentes. Atopamos unha pequeniña e violeta que algún de nós probou e picaba moitísimo. (Nerea Sánchez)

Sabedes onde tedes que depositar as setas cando vaiades a recollelas polo campo?

Como dixo o micólogo hai que levar un cesto porque dese xeito as setas que van nel van esparcindo as esporas polo chan e así nacen novas setas. (Antonio Fiaño)

O tipo de seta que máis vimos foi a Rúsula, unha seta algo lila. (Rubén Mazás)

Durante a nosa búsqueda atopamonos cun señor que vivía cerca de alí e nos axudou a buscar nelas.(Iago Vázquez)

Era "Pepe da Lagoa" que ao parecer entendía algo de setas. Trouxo unha moi peculiar con forma de coliflor. (Jorge López)

Pepe axudounos a buscar máis setas porque coñecía os lugares onde nacian. (Sebastián Mosquera).

O micólogo quedou abraiado porque o veciño de Viós saber sabía bastante (Borja Vázquez)

En resumen:

Aprendimos a saber diferenciar as setas tendo en contas as características das súas partes:anel, pé, himenio, sombreito,...(Nuria Sánchez)

Nunca pensei que houbera tantos tipos de setas, tan bonitas pero venenosas!(Carlos Barallobre)

Isto foi o que aconteceu un día de saída para ver setas. Que riqueza natural temos en Viós!.(Sonia Bello)

miércoles, 28 de noviembre de 2007

LUCES DE NADAL, CONSUMO ENERXÉTICO E CAMBIO CLIMÁTICO

Iste ano os concellos españois gastarán uns 30 millóns de KW/h no alumeado de Nadal o que provocará a emisión de 10 millóns de Kg. de co2 causante do cambio climático.
Isto resulta contradictorio coa "estética verde" que se pon en marcha con determinadas operacións. O certo é que se segue a profundizar na cultura do derroche.
Moito diste consumo eléctrico xenérase en centrais térmicas que emiten toneladas de dióxido de carbono á atmósfera.
Non esquenzamos que unha das principais razóns do encendido distas luces é fomentar o consumo. Iste consumo produce sobreexplotación de recursos e xenera moitos residuos
Os recibos da luz pagarannos cada concello (ó final cada cidadán). A factura mediambiental pagaremola en forma de cambio climático e contaminación do noso Planeta.

sábado, 24 de noviembre de 2007

Luar na Lubre

jueves, 15 de noviembre de 2007

Xornada micolóxica


Aquí tedes a Pepe Da Lagoa. Fixo desta xornada un día inesquecibel. Gracias por aportar a súa sabiduria e experiencia. Unha mensaxe para vostede Pepe: "Se vostede o veu, nos tamén cremos que o lobo pasou por Viós". Un bico.

Tan fermosa como venenosa?


Carlos, o experto micólogo, cun grupo de alumnos de 2º. Por certo. O primeiro que entregue en Dirección o nome da seta que Carlos ten na man recibirá un agasallo. Anímadevos a participar.

domingo, 11 de noviembre de 2007

sábado, 10 de noviembre de 2007

Adiviñas.

Que entra no río que non se molla?


Os mantos brancos de Dona Leonor os montes cubren e os ríos non.