domingo, 23 de diciembre de 2007

Enquisa pechada

Os resultados da enquisa á vista están, que cada un saque as propias conclusións. Ainda que existen escépticos que prefiren non darse por enterados, a comunidade científica está dando a voz de alarma sobre a subida de temperatura que está a sofrir o noso Planeta, polo tanto chegou o tempo de actuar. Todos e todas podemos facer algo.

Unha colaboración

Deixovos un correo que recibín de Gustavo(Grupo TRES - Printing Professional) e que pode ser de interese:

"Si Google tuviera una pantalla negra, teniendo en cuenta la gran cantidad de personas que lo usan, se calcula que se ahorrarían unos 750 megavatios/hora anualmente. Como respuesta a esto, Google ha creado una versión negra, llamada Blackle, con exactamente las mismas funciones que la versión en blanco pero, obviamente, con un consumo de energía menor.

Cada poquito cuenta, no? "

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Quedan 24 horas

Efectivamente só quedan 24 horas para que esgotedes as vosas posibilidades de manifestar na enquisa se estades ou non dacordo coa existencia dun cambio climático. Ou moito cambian as cousas ou realmente a nosa comunidade entende que o Cambio Climático está afectando a todos/as. Quedamos para mañá e facemos comentarios, que vos parece?

martes, 18 de diciembre de 2007

A bioconstrución


A arquitectura non depende só do gusto ou dos cánones estéticos, senón que ten en conta unha serie de cuestións prácticas, estreitamente relacionadas entre sí: a elección dos materiais e a súa puesta en obra, a disposición estructural das cargas e o precepto fundamental do uso ao que esté destinado o edificio.
A existencia dun material natural está estreitamente relacionada coa invención das ferramentas para a súa explotación e determina as formas constructivas. Por exemplo, a carpintería de madeira apareceu nas diferentes áreas boscosas do planeta, e a madeira segue sendo, anque o seu uso esté en declive, un material de construcción importante nesas áreas.O empleo de pedras naturais na construcción está en decadencia, debido ao seu elevado precio e á súa complicada puesta en obra. No seu lugar utilízanse pedras artificiais, como o formigón e vidro chán, ou materiais máis lixeiros, como o ferro ou o formigón pretensado, entre outros. Aparecen o ladrillo e outros produtos cerámicos, basados na cocción de pezas de arcilla nun forno, con máis resistencia ca o adobe.
A construcción con pedra, ladrillo e outros materiales chámaselle albañilería. Estos elementos pódense trabar só co efecto da gravidade (a óso), ou mediante xuntas de mortero. Os romanos descubriron un cemento natural que, combinado con algunhas substancias inertes (area e pedras de pequeno tamaño), conócese como argamasa. As obras construidas con este material cubríanse posteriormente con mármoles ou estucos para obter un acabado máis aparente. No siglo XIX inventouse o cemento Portland, que é completamente impermeable e constitúe a base para o moderno formigón.
A producción industrial do aceiro; os fornos de laminación producían vigas de ferro moito máis resistentes cás tradicionais de madeira. Aparece así o formigón armado, que revolucionou a construcción do siglo XX por dúas razóns: a rapidez e a comodidade da súa puesta en obra e as posibilidades formais que ofrece, dado que é un material plástico. Por outra parte, a aparición do aluminio popularizou o uso dun material extremadamente lixeiro que non necesita mantemento. O vidro coñécese dende a antigüedade e as vidrieiras son un dos elementos característicos da arquitectura gótica. Sen embargo, a súa calidade e transparencia foron acrecentando gracias aos procesos industriais, que permitiron a fabricación de vidro en grandes dimensións capaces de iluminar grandes espazos con luz natural.
As vigas, por tanto, soen ser de madeira, ferro ou formigón armado.
As estructuras poden ser de madeira ou de aceiro.
CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO
O proxecto dun edificio nunca se realiza de forma aislada, senón prestando especial atención ás interaccións co entorno. Tanto os arquitectos como os seus clientes están concienciados deste problema e sérvense do urbanismo para evitar impactos negativos sobre as zonas antigas das cidades. Intentan que os edificios non quebren a harmonía co entorno, para que fauna e flora non se vexan prexudicados.
COMO CONSEGUIR O MAIOR APROVEITAMENTO DA ENERXÍA
Como xa se mencionou anteriormente, os diferentes materiais con que son construidos
os edificios poden variar a estructura, forma, etc dunha vivenda, así como o aproveitamento da enerxía que nesta se produce.
Para iso, empréganse materiais bióticos, é dicir, que danan o mínimo posible o ambiente porque a súa elaboración e uso non son moi contaminantes, e que ademais, son bos acumuladores de calor, como a madeira, barnices naturais, etc, polo que se diminúe o consumo de enerxía.
A distribución das portas e das ventás, é tamén decisiva, xa que poden recibir maior enerxía solar. Por exemplo, os raios do Sol, en verán, caen perpendicularmente sobre a superficie terrestre, polo que conseguimos maior enerxía e luz, polo que cantas máis haxa, un mellor aproveitamento obteremos. En inverno, os raios caen máis inclinados, polo que as partes baixas das portas seguen a obter enerxía.
En canto á calefacción, o recurso máis eficaz é o das placas solares, xa que quentan a auga e as tuberías polas que esta discorre. Pero, presenta unha gran desvantaxe: necesítanse en gran cantidade e, por suposto, ten que ser unha zona na que reciba suficiente enerxía solar.
Para rematar, falarei da ventilación das vivendas, para isto, créanse ocos (nas paredes e no teito) con materiais aislantes que permiten reter a calor e ventilar a vivenda.

Quentamento solar
As placas colectoras empregan a enerxía do Sol para quentar un fluido portador que, á súa vez, proporciona calor utilizable nunha casa. O fluido portador, auga neste caso, flúe a través de tuberías de cobre no colector solar, durante o proceso absorbe algo da enerxía solar. Despois, móvese ata un intercambiador de calor onde quenta o auga que se empregará na casa. Por último, unha bomba leva de novo o fluido cara o colector solar para repetir o ciclo.

Esta colaboración é da alumna Tania Vilariño de 3º B. Tedes unha reportaxe máis extensa e gráfica no Boletín deste trimestre.

domingo, 16 de diciembre de 2007

ESPAZOS A SUSTENTAR



Ríos, lagoas, bosques, montes, zonas costeiras, ...... .
Toda unha serie de ecosistemas espallados polo noso país que conforman unha grande biodiversidade.
Só un desenvolvemento sostible destas zonas pode garantir o seu futuro.

viernes, 14 de diciembre de 2007

ARTE e SOSTIBILIDADE


Queridos alumnos e alumnas, aquí deixo para comezar ben o día este maravilloso agasallo. Deberedes contribuir cos vosos comentarios a dar datos sobre o autor, o título, a época, o estilo e porque terá relación co concepto "sostibilidade".

jueves, 13 de diciembre de 2007

Embalse de Cecebre

Unha colaboración do Equipo de Normalización Lingüística sobre bioconstrucción


No último boletín do Equipo de Normalización Lingüística tedes un artigo ben interesante elaborado pola alumna Tania Vilariño de 3ºB sobre "Bioconstrucción"

"No que máis se diferencian os paxaros do ser humano e na súa capacidade de construir, pero deixando a paisaxe como estaba"

miércoles, 12 de diciembre de 2007

ARE YOU ECOLOGICALLY AWARE?????

1.YOU ………….take things that can be recycled to the recycling bin.
a - always
b - sometimes
a - often.

2.YOU…………brush your teeth with the tap water running.
a - never
b - usually
c - always

3.WHEN you want to go somewhere, you…
a - walk or ride your bike,if possible.
b - go by bus or other public transport.
c - ask your parents to drive you.

4- WHEN you leave your room for a few minutes you……… turn off the lights.
a – always
b - sometimes
c - seldom.

5. WHEN you eat chocolate while walking in the street, you…….
a - save the wrapper until you find a rubbish bin or get home.
b - try to find a rubbish bin but throw the wrapper on the ground if you can´t find one.
c - throw the wrapper on the ground.

6. YOU………… have showers instead of baths.
a – always
b – sometimes
c – seldom.

RATE YOURSELF
a = 3 points
b = 2 points
c = 1 point
8-16: Congratulations ¡ You are really worried about the environment.


Entrada elaborada pola profesora de Inglés, Ana Carreira. THANKS YOU.

lunes, 10 de diciembre de 2007

O valor da auga


É o compoñente máis abundante na superficie da Terra, a parte constituinte de todos os organismos vivos e aparece en compostos naturais. Os conceptos de auga e vida son inseparables, pero a auga vai máis alá do seu valor como patrimonio natural e ecolóxico, a través dos ríos e as súas concas posúe tamén un valor cultural, xa que ó carón das beiras foise xerando ao longo dos séculos un legado histórico e etnográfico que forma parte da identidade de povos e comarcas. A imaxen é do MUIÑO de VIOS

sábado, 8 de diciembre de 2007

O Transporte


Nestes días de Ponte así como nas vindeiras datas de celebración do Nadal, a maioría de nós, ainda que non fagamos grandes viaxes, aproveitamos para desprazarnos ata lugares que fai tempo non visitamos, ir de compras, dar un volta pola cidade, visitar a familiares...Sabíades que máis dun 30% das viaxes en coche que se fan na Unión Europea cubren distancias inferiores a tres Kms?.

"Usar o transporte público é unhas das mellores opcións para aforrar enerxía":Este lema e outros similares escoitámolos a miúdo. É certo que un coche normal emite uns 170 grs de dióxido de carbono por Km percorrido, pero tamén é certo que a realidade de determinadas zonas onde vivimos esixe a utilización do coche como medio fundamental de desprazamento (e non me estou a referir únicamente ao Concello de Abegondo, os que vivimos noutros concellos limítrofes A Coruña tamén sabemos que o transporte público cubre mínimamente as necesidades que a poboación e o seu ritmo de vida plantexan). De todos xeitos, deixovos un par de consellos cos que podemos contribuir igualmente ao aforro enerxético:

Evitar frenazos ou aceleracións durante a conducción, pois supón a longo plazo un aforro do 15% de combustible e se lanza menos dióxido de carbono á atmósfera.

Usar as bicis nas distancias cortas ou falar cos veciños e amigos para facer desprazamentos conxuntos.

Cando nos toque cambio de coche teremos que mirar un ecolóxico.!!!DISFRUTADE DA PONTE!!!.

A imaxe corresponde ao coche solar que aparecía no filme "Pitch black"(2000).

jueves, 6 de diciembre de 2007

O Medio Ambiente está na Constitución Española

Artículo 45

1. Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo.

2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.

3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la ley fije se establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de reparar el daño causado.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Coidado do Medio Ambiente



Aquí vos deixamos unhas imaxes que esperamos sirvan para a concienciación de todos nós.

OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO VISITAN O AULA DA NATUREZA

O pasado 21 de novembro as rapazas e os rapaces de 1º de ESO fixemos unha visita á Aula da Natureza de Crendes. Ise día o Concello presentou unha guía de aves do Encoro de Cecebre. Asistimos ó acto e despois tivemos actividades.
Unha ornitóloga dounos unha charla con explicacións ben interesantes sobre como se creou o embalse e o ecosistema que alí habita. Falounos moito das aves: como viven, como se adaptan a iste medio, como se alimentan, etc. Tamén doutras especies coma cangrexos, nutrias, etc. Comentounos que había algunhas "invasoras" coma o cangrexo americano ou as carpas vermellas que as botaron e agora son un problema para outros animais porque son moi agresivas.
Despois das explicacións saímos cara o observatorio de aves que está á carón do Embalse.
De camiño vimos que o nivel da auga era moi baixo por mor da falta de chuvia diste outono. As persoas que nos acompañaron deixaronnos uns prismáticos e grazas a eles poidemos ver de cerca cormoráns, garzas, gaivotas, etc. Unhas adentrábanse na auga para pescar e outras picoteaban polas veiras.
O ornitólogo que estaba connosco mostrounos plumas de aves para identificalas, explicounos como se anelan aves e contestou as nosas preguntas.
Resultou unha activadade divertida e grazas a ela sabemos un pouco máis do noso Concello.

Entrada elaborada polo alumnado de 1º ESO

lunes, 3 de diciembre de 2007

"Os animais " Luar na Lubre



Recollendo as vosas suxestións, deixamos un novo video de "Luar na Lubre". Pertence ao seu último album. Pretendemos que sexa un agasallo para os pequenos/as de Abegondo, que de seguro coñecen a melodía. Para os alumnos e alumnas de Viós, a ver quen se anima a comentarnos o seguinte texto en inglés.

"It is an Irish melody, taken to America by the emigrants, where it was adopted as its own, even with different lyrics.
Luar na Lubre's version is an adaptation that Xabier Cordal made of one of those traditional lyrics, which may have biblical origins."

domingo, 2 de diciembre de 2007

Metereoloxía. El Niño

DECEMBRO

Metereoloxía, término que fai referencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso).

Se busca alumno/a que sexa quen de averiguar a orixe de "EL NIÑO". Si, si,...é non é o das camisetas, ou si?. Escribe a túa resposta e entregalla a Herminia ou a Marta.

Hoxe, 18 de Decembro, Tito e Andrés de 1ºA entregáronme este texto: "En climatología se denomina EL NIÑO a un síndrome cíclico que consiste en un cambio de patrones de movimientos de las masas de aire provocando, en consecuencia,un retardo en la cinética de las corrientes marinas "normales" desencadenando el calentamiento de las aguas sudamericanas; provoca estragos a escala mundial afectando a Sudamérica, Indonesia e Australia".

sábado, 1 de diciembre de 2007

Curiosidades animais Decembro

Sabías que as formigas sinten a choiva moito antes de que caiga e levantan un círculo de terra rodeando o formigueiro para que non entre auga??????

Por que existe a expresión "bágoas de cocodrilo"????. Os cocodrilos non choran nin de magoa nin de emoción. Choran para eliminaren o exceso de sal do seu organísmo.