sábado, 8 de diciembre de 2007

O Transporte


Nestes días de Ponte así como nas vindeiras datas de celebración do Nadal, a maioría de nós, ainda que non fagamos grandes viaxes, aproveitamos para desprazarnos ata lugares que fai tempo non visitamos, ir de compras, dar un volta pola cidade, visitar a familiares...Sabíades que máis dun 30% das viaxes en coche que se fan na Unión Europea cubren distancias inferiores a tres Kms?.

"Usar o transporte público é unhas das mellores opcións para aforrar enerxía":Este lema e outros similares escoitámolos a miúdo. É certo que un coche normal emite uns 170 grs de dióxido de carbono por Km percorrido, pero tamén é certo que a realidade de determinadas zonas onde vivimos esixe a utilización do coche como medio fundamental de desprazamento (e non me estou a referir únicamente ao Concello de Abegondo, os que vivimos noutros concellos limítrofes A Coruña tamén sabemos que o transporte público cubre mínimamente as necesidades que a poboación e o seu ritmo de vida plantexan). De todos xeitos, deixovos un par de consellos cos que podemos contribuir igualmente ao aforro enerxético:

Evitar frenazos ou aceleracións durante a conducción, pois supón a longo plazo un aforro do 15% de combustible e se lanza menos dióxido de carbono á atmósfera.

Usar as bicis nas distancias cortas ou falar cos veciños e amigos para facer desprazamentos conxuntos.

Cando nos toque cambio de coche teremos que mirar un ecolóxico.!!!DISFRUTADE DA PONTE!!!.

A imaxe corresponde ao coche solar que aparecía no filme "Pitch black"(2000).

No hay comentarios: