lunes, 10 de diciembre de 2007

O valor da auga


É o compoñente máis abundante na superficie da Terra, a parte constituinte de todos os organismos vivos e aparece en compostos naturais. Os conceptos de auga e vida son inseparables, pero a auga vai máis alá do seu valor como patrimonio natural e ecolóxico, a través dos ríos e as súas concas posúe tamén un valor cultural, xa que ó carón das beiras foise xerando ao longo dos séculos un legado histórico e etnográfico que forma parte da identidade de povos e comarcas. A imaxen é do MUIÑO de VIOS

No hay comentarios: