miércoles, 5 de diciembre de 2007

OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO VISITAN O AULA DA NATUREZA

O pasado 21 de novembro as rapazas e os rapaces de 1º de ESO fixemos unha visita á Aula da Natureza de Crendes. Ise día o Concello presentou unha guía de aves do Encoro de Cecebre. Asistimos ó acto e despois tivemos actividades.
Unha ornitóloga dounos unha charla con explicacións ben interesantes sobre como se creou o embalse e o ecosistema que alí habita. Falounos moito das aves: como viven, como se adaptan a iste medio, como se alimentan, etc. Tamén doutras especies coma cangrexos, nutrias, etc. Comentounos que había algunhas "invasoras" coma o cangrexo americano ou as carpas vermellas que as botaron e agora son un problema para outros animais porque son moi agresivas.
Despois das explicacións saímos cara o observatorio de aves que está á carón do Embalse.
De camiño vimos que o nivel da auga era moi baixo por mor da falta de chuvia diste outono. As persoas que nos acompañaron deixaronnos uns prismáticos e grazas a eles poidemos ver de cerca cormoráns, garzas, gaivotas, etc. Unhas adentrábanse na auga para pescar e outras picoteaban polas veiras.
O ornitólogo que estaba connosco mostrounos plumas de aves para identificalas, explicounos como se anelan aves e contestou as nosas preguntas.
Resultou unha activadade divertida e grazas a ela sabemos un pouco máis do noso Concello.

Entrada elaborada polo alumnado de 1º ESO

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Alex, Martín, Lara,Daniel e Santi queren saber porque non hai foto da visita e gustarialles que a puxesen

marta dijo...

Sairon poucas fotos e ademáis as que hai están pouco claras. De todos xeitos procurarei poñelas esta tarde e disculpade pola tardanza.

Anónimo dijo...

Patricia 1A.
Eu sei todo sobre a aula da natureza os fins de semana vou a mirar as aves e a andar no ordenador porque eu non teño internet e alí si que hai.A si que eu xa vira moito o que fixemos na escursión pero por unha vez mais e non me morrín je,je.