jueves, 31 de enero de 2008

30 de Xaneiro Día da Paz


Desexámosvos a forza dos elementos da Terra:

Aire para respirares
Lume para quentares
Auga para beberes
e a TERRA para vivires nela en PAZ

miércoles, 30 de enero de 2008

El Carnaval de los animales



Iste pequeno fragmento de música forma parta dunha suite musical de 14 movementos composta polo compositor francés Saint-Saëns.
O compositor planeou a obra coma unha broma para un día de carnaval e considerouna demasiado frívola polo que, só permitiu que se deran interpretacións privadas para os seus amigos e non quixo que se publicase ata despois da súa morte.
Pouco podía imaxinar que sería ista unha das súas obras máis coñecidas.
Espero que teñades gañas de escoitar a obra completa e saber moitas máis cousas dela. Para elo falade con Oscar o noso profesor de música.

Curiosidades animais Xaneiro

O OVO MAIS GRANDE!!!!!!!

O ovo máis grande que se coñece é o de avestruz, de 20 cm de alto, 15 cm de diámetro e un peso de quilo e medio.

De 10 a 15 ovos pon a avestruz, uns poucos menos que os 20 da perdiz e bastantes máis que o solitario ovo que pon o pingüino.

lunes, 28 de enero de 2008

Curiosidades sobre animais: Compartindo tarefas

O macho e a hembra das garzas comparten tarefas domésticas: non só se turnan para incubar os ovos senón que cando as crias rachan o cascarón os pais turnánse día e noite para buscar comida. Todo un exemplo!!

Adiviñas.

Cen damas nun intre
a todas as vin nacer
e as cen nun segundo
as vin desaparecer

domingo, 27 de enero de 2008

Novidades cinematográficas: Trailer "Mortadelo y Filemón: Misión salvar la Tierra"



Dirección: Miguel Bardem. País: España. Ano: 2008. Duración: 94 min. Xénero: Comedia. Interpretación: Eduard Soto (Mortadelo), Pepe Viyuela (Filemón), Berta Ojea (Ofelia), Mariano Venancio (el Súper), Janfri Topera (Bacterio), Carlos Santos (Botijola), Alex O’Dogherty (Todoquisque), Emilio Gavira (Rompetechos), Tomás Pozzi (Chulín), Andrés Gasch (Matraca), Carmen Ruiz (Toribia). Distribuidora: On Pictures.


O planeta enfrentase a unha gran ameaza. Coincidindo coa peor seca que se viviu, un grupo de malfeitores está a acabar con todas as reservas de augua que quedan na Terra. Os millores axentes secretos do mundo reúnense urxentemente. Para acabar de empeorar as cousas, o malvado Botijola planea atentar contra a xuntanza. A súa intención non é outra que converter a bebida que leva o seu nome no sustituto da agua. Dous axentes vanse converter na única esperanza do mundo: Mortadelo e Filemón.

miércoles, 23 de enero de 2008

FRAGA DE CECEBRE. "O BOSQUE ANIMADO"

Asfixiada por casas, estradas, autoestrada e embalse, apenas queda un pequeno curruncho da que foi a frondosa Fraga de Cecebre.Reducida a súa mínima expresión aínda conserva a maxia suficiente para ser fonte de inspiración e reanimar o mundo máxico das árbores, das meigas, das ánimas, ..... , como no seu dia o fixo co xenial escritor Wenceslao Fernández Flores que se inspirou nesta fraga para escribir a novela " O bosque animado"
Para que vos animedes a visitar a fraga deixo esta imaxe e para que vos animedas a lectura dista novela, un pequeno párrafo no que fala sobre as árbores.
O BOSQUE ANIMADO
As árbores teñen as súas loitas. As maiores asombran ás pequenas, que crecen entón con présa para facerse axiña donas da súa racción de sol, e, ao esparexar as raíces baixo a terra, hai algunhas quizais demasiado cobizosas que estorban ás demáis no seu lexítimo empeño de alimentarse. Pero, entre todos os seres vivos da fraga, son os máis pacíficos, os máis bondadosos, os que posúen unha alma máis sinxela e inxenua.. Convén saber que carecen absolutamente de vanidade. Nacen en calquera parte, ignoran que, só polo feito de crecer alí aquel lugar queda embelecido. Non se aburren nunca, porque non miran á terra, senón ao ceo, e o ceo cambia tanto segundo as horas e segundo oa nubes, que xamáis é igual a si mesmo. Cando os homes buscan a diversidade, viaxan. As árbores satisfán ise afán sen moverse. É a diversidade a que se avén a pasar sobre as súas copas.
Elas son tamén a diversidade. Como queira que se agrupen, sempre forman un conxunto harmonioso, e ata as que nacen illadas na campiña ou sobre os outeiros parecen ter unha profunda significación que emociona o espíritu. Se os troncos son rectos impresiona a súa esbelteza; se tortos e atormentados, non deixa de haber neles unha suxeridora beleza, algo que os humaniza ante os nosos ollos. Segundo avanzamos por un bosque, a aliñeación das súas árbores, o perfil da ramaxe, o artesonado das follas cambia e o panorama renóvase incesantemente con perspectivas en que as formas se conxugan en modos infinitos, como os homes non acertaron a conseguir nin no máis complicado e fastuoso dos bailes.


domingo, 20 de enero de 2008

CARBALLEIRAS

O carballo é unha árbore emblemática en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento. Durante moito tempo as carballeiras abasteceron de materiais de construción e combustible ós habitantes do medio rural galego.
Nelas é onde se facían as festas populares, con chantares, viño, chistes, músicas de gaitas, bombos e pandeiros, bailes, namoramentos, .......
Hoxe en día seguen sendo un valioso elemento do patrimonio natural de Galicia. A súa riqueza forestal cumpre engadir o seu valor ecolóxico e a súa beleza.

sábado, 19 de enero de 2008

"Ti es a peza que falta". Ponte en marcha!!!!


"Ti es a peza que falta. Ponte en marcha!!" é a campaña que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) está a desenvolver nos centros escolares en prol dun transporte limpo. Os alumnos/as de xeito totalmente voluntario e logo de traballar sobre un folleto informativo sobre os efectos do transporte no medio ambiente así como unha serie de recomendacións coas que podemos contribuir a paliar ditos efectos, asinan un compromiso:

"son consciente da miña responsabilidade para protexer o medio ambiente e acadar un futuro sostible para Galicia e comprométome a actuar responsablemente e a realizar pequenos cambios no meu comportamento diario a prol dun transporte limpo".

Entre os participantes sortearan ante notario 40 bicis,o día 14 de marzo. Esperamos que a sorte toque a algún alumno/a do IES de Viós. Podedes atopar máis información sobre esta convocatoria así como outros aspectos de interese en sogama.es

viernes, 18 de enero de 2008

"Hey you"-Live Earth 2007 Madonna.

Videoclip musical de Madonna realizado explicitamente para el Live Earth 2007, que es el concierto mundial contra el cambio climático.

jueves, 17 de enero de 2008

Nubes

Cirros (estudio de nubes) -  John  Constable - artelista.com


John Constable (1776-1837). Estilo Romanticismo Inglés.

sábado, 12 de enero de 2008

Colaboración de Gustavo

Ante as consultas feitas por algúns de vos sobre a proposta de aforro enerxético coa pantalla negra de google, deixo unha nova colaboración de Gustavo que aclara moi ben o proceso:

"""""""Este es el link que hay que poner en pagina de inicio del navegador para que salga por defecto.
Como es normal, un grandísimo porcentaje de ordenadores usan Google como la página de inicio, y la dejan bastante tiempo conectada sin usar. La página es blanca y el blanco gasta mucha energía, en concreto 74 vatios, mientras que la negra sólo consumiría 59. Todo esto multiplicado por los 200 millones de consultas que se le hacen al día y asumiendo que más o menos la página se queda, al menos, una media de 10 segundos conectada, significa que la página de inicio de Google blanca blanquísima se ve unas 550.000 horas al día.

Haciendo los cálculos pertinentes eso nos da que, si fuera negra y con los datos expuestos, se podrían ahorrar unos 3000 megavatios por hora. A un precio de 10 céntimos el kilovatio/hora de media, eso nos daría un ahorro de 300.000 dólares (unos 250.000 euros), y todo por una simple línea de código que dice que sea blanca la pantalla.

Bueno, pues buscando por Internet me he encontrado una extensión de Firefox que, además de hacernos más bonito Google (según gustos) podría apoyar el manifiesto del ahorro energético de la mandamás de los buscadores en Internet.

Se trata de la extensión Stylish, que nos permite sobrescribir códigos CSS (estilos de páginas) para determinadas Webs y así poder cambiar bastantes cosas a nuestro gusto. Además, esta extensión tiene una página llamada UserStyles con una buena librería de ejemplos ya realizados, entre la que me encuentro una en concreto llamada Google Web Search - dark blue redesign (vC), que nos permite cambiar todo Google a unos tonos azules oscuros muy monos.

Además permite también cambiar el Google Images y el Google video.

Así que si eres activista en esto del medio ambiente, ya estás cambiándote Google para ahorrar mucho dinerito al año en energía eléctrica.

Porque cada poquito, si importa.""""""""

www.grupo-tres.net/

GRACIAS GUS!!!!!!!



jueves, 10 de enero de 2008

Programa de Reciclaxe no IES de Viós

Un dos obxectivos do noso Centro é a Educación Medioambiental e a defensa do Medio Ambiente.
Dende fai un tempo estamos a desenvolver un programa de recollida e reciclaxe de residuos co que queremos acadar os seguintes obxectivos:
- Sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de reciclar.
- Promover actitudes de aforro.
- Acadar uns efectos medibles sobre o Medio Ambiente.
- Contribuir a frear o Cambio Climático.
- Promover modelos alternativos baseados na sostibilidade ambiental e social.
Para desenvolver o programa de reciclaxe temos contedores para papel e pilas en todas as clases, administración, etc. Na entrada do Centro os contedores son para latas de refrescos, plásticos, pilas e consumibles. En todos eles hai carteis informativos.
Cada certo tempo un grupo de alumnos/as fai a recollida e o vaciado dos contedores. Pesan papel, cartón, plástico, pilas,contan latas. Ao remate do curso calcularemos o aforro de emisións de dióxido de carbono. Para que vos fagades unha idea aportovos os seguintes datos:

Por cada Kg de papel reciclado, deixamos de emitir 0,95 Kg de CO2
Por cada Kg. de pilas reciclado, deixamos de emitir 3 Kg. de CO2
Por cada lata de refrescos reciclada, deixamos de emitir 0,43 Kg. de CO2
Por cada Kg. de plástico reciclado, deixamos de emitir 3Kg. de CO2

Todos sabemos que as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro son causa do Cambio Climático. Se as reducimos, contribuiremos a frear iste cambio.
O ano pasado con iste sinxelo programa de reciclaxe acadamos un aforro 800 Kg. de emisións de CO2 á Atmósfera.

miércoles, 2 de enero de 2008