miércoles, 23 de enero de 2008

FRAGA DE CECEBRE. "O BOSQUE ANIMADO"

Asfixiada por casas, estradas, autoestrada e embalse, apenas queda un pequeno curruncho da que foi a frondosa Fraga de Cecebre.Reducida a súa mínima expresión aínda conserva a maxia suficiente para ser fonte de inspiración e reanimar o mundo máxico das árbores, das meigas, das ánimas, ..... , como no seu dia o fixo co xenial escritor Wenceslao Fernández Flores que se inspirou nesta fraga para escribir a novela " O bosque animado"
Para que vos animedes a visitar a fraga deixo esta imaxe e para que vos animedas a lectura dista novela, un pequeno párrafo no que fala sobre as árbores.
O BOSQUE ANIMADO
As árbores teñen as súas loitas. As maiores asombran ás pequenas, que crecen entón con présa para facerse axiña donas da súa racción de sol, e, ao esparexar as raíces baixo a terra, hai algunhas quizais demasiado cobizosas que estorban ás demáis no seu lexítimo empeño de alimentarse. Pero, entre todos os seres vivos da fraga, son os máis pacíficos, os máis bondadosos, os que posúen unha alma máis sinxela e inxenua.. Convén saber que carecen absolutamente de vanidade. Nacen en calquera parte, ignoran que, só polo feito de crecer alí aquel lugar queda embelecido. Non se aburren nunca, porque non miran á terra, senón ao ceo, e o ceo cambia tanto segundo as horas e segundo oa nubes, que xamáis é igual a si mesmo. Cando os homes buscan a diversidade, viaxan. As árbores satisfán ise afán sen moverse. É a diversidade a que se avén a pasar sobre as súas copas.
Elas son tamén a diversidade. Como queira que se agrupen, sempre forman un conxunto harmonioso, e ata as que nacen illadas na campiña ou sobre os outeiros parecen ter unha profunda significación que emociona o espíritu. Se os troncos son rectos impresiona a súa esbelteza; se tortos e atormentados, non deixa de haber neles unha suxeridora beleza, algo que os humaniza ante os nosos ollos. Segundo avanzamos por un bosque, a aliñeación das súas árbores, o perfil da ramaxe, o artesonado das follas cambia e o panorama renóvase incesantemente con perspectivas en que as formas se conxugan en modos infinitos, como os homes non acertaron a conseguir nin no máis complicado e fastuoso dos bailes.


3 comentarios:

herminia dijo...

Os alumnos de 1ºB comentamos esta lectura na clase. Sabemos que na fraga hai moita biodiversidade.

Anónimo dijo...

Recomendo a todos os alumnos do instituto a lectura deste maravilloso libro do que vos falou Herminia, “El Bosque Animado” de Wenceslao Fernández Flórez. Este escritor naceu na Coruña e tiña unha residencia de verán en Cecebre, chamada Villa Florentina. Neste libro cítanse lugares que todos coñecedes como Crendes, Orto ou o Monte Xalo. Refírese á fraga de Cecebre como un lugar cheo de maxia e encanto, onde os seus elementos cobran vida e teñen alma... Seguro que vos soan personaxes como Fendetestas (o bandoleiro), Furacroios (a toupa) ou Fiz de Cotobelo (o fantasma da fraga), ¿verdade?. Para complementar a vosa lectura podedes ver dous filmes que adaptaron esta novela: o producido por Dygra Films, en debuxos animados, ou a versión que fixo José Luís Cuerda no ano 1987. Pois xa sabedes, agora a buscar o libro na Biblioteca do IES de Viós. Un saúdo.

marta dijo...

Aproveitando o comentario de Oscar quería dicirvos que en Villa Florentina organízanse moitas actividades culturais dirixidas a nenos/as e persoas adultas: lecturas dramatizadas, encontros con persoas importantes, etc.