domingo, 20 de enero de 2008

CARBALLEIRAS

O carballo é unha árbore emblemática en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento. Durante moito tempo as carballeiras abasteceron de materiais de construción e combustible ós habitantes do medio rural galego.
Nelas é onde se facían as festas populares, con chantares, viño, chistes, músicas de gaitas, bombos e pandeiros, bailes, namoramentos, .......
Hoxe en día seguen sendo un valioso elemento do patrimonio natural de Galicia. A súa riqueza forestal cumpre engadir o seu valor ecolóxico e a súa beleza.

1 comentario:

marta dijo...

Hoxe chegou ao centro a Revista "Cerna: revista de ecoloxía e medio ambiente". Queda na Biblioteca e recoméndovos a lectura de "O carballo da mestra" na páxina 64 da citada revista.