jueves, 10 de enero de 2008

Programa de Reciclaxe no IES de Viós

Un dos obxectivos do noso Centro é a Educación Medioambiental e a defensa do Medio Ambiente.
Dende fai un tempo estamos a desenvolver un programa de recollida e reciclaxe de residuos co que queremos acadar os seguintes obxectivos:
- Sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de reciclar.
- Promover actitudes de aforro.
- Acadar uns efectos medibles sobre o Medio Ambiente.
- Contribuir a frear o Cambio Climático.
- Promover modelos alternativos baseados na sostibilidade ambiental e social.
Para desenvolver o programa de reciclaxe temos contedores para papel e pilas en todas as clases, administración, etc. Na entrada do Centro os contedores son para latas de refrescos, plásticos, pilas e consumibles. En todos eles hai carteis informativos.
Cada certo tempo un grupo de alumnos/as fai a recollida e o vaciado dos contedores. Pesan papel, cartón, plástico, pilas,contan latas. Ao remate do curso calcularemos o aforro de emisións de dióxido de carbono. Para que vos fagades unha idea aportovos os seguintes datos:

Por cada Kg de papel reciclado, deixamos de emitir 0,95 Kg de CO2
Por cada Kg. de pilas reciclado, deixamos de emitir 3 Kg. de CO2
Por cada lata de refrescos reciclada, deixamos de emitir 0,43 Kg. de CO2
Por cada Kg. de plástico reciclado, deixamos de emitir 3Kg. de CO2

Todos sabemos que as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro son causa do Cambio Climático. Se as reducimos, contribuiremos a frear iste cambio.
O ano pasado con iste sinxelo programa de reciclaxe acadamos un aforro 800 Kg. de emisións de CO2 á Atmósfera.

No hay comentarios: