sábado, 19 de enero de 2008

"Ti es a peza que falta". Ponte en marcha!!!!


"Ti es a peza que falta. Ponte en marcha!!" é a campaña que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) está a desenvolver nos centros escolares en prol dun transporte limpo. Os alumnos/as de xeito totalmente voluntario e logo de traballar sobre un folleto informativo sobre os efectos do transporte no medio ambiente así como unha serie de recomendacións coas que podemos contribuir a paliar ditos efectos, asinan un compromiso:

"son consciente da miña responsabilidade para protexer o medio ambiente e acadar un futuro sostible para Galicia e comprométome a actuar responsablemente e a realizar pequenos cambios no meu comportamento diario a prol dun transporte limpo".

Entre os participantes sortearan ante notario 40 bicis,o día 14 de marzo. Esperamos que a sorte toque a algún alumno/a do IES de Viós. Podedes atopar máis información sobre esta convocatoria así como outros aspectos de interese en sogama.es

No hay comentarios: