jueves, 7 de febrero de 2008

Axenda 21 escolar de Galicia


A semana pasada os membros do Consello Escolar do noso centro educativo asinaron un compromiso para engadirse a Axenda 21 Escolar de Galicia. Este feito supón que todos os sectores alí representados (alumnos/as, pais e nais, profesorado, persoal non docente, Concello de Abegondo) comprometémonos a elaborar e por en funcionamento un plan de acción para favorecer a mellora ambiental e social do noso centro educativo e do entorno no que se atopa. O camiño cara a un "desenvolvemento sostible" non é doado. Ninguén asegura que a transformación do modelo de desenvolvemento actual, noutro que satisfaga as necesidades das nosas e das futuras xeneracións dende o respecto e o coidado, sexa un compromiso doado de acadar pero dende logo a comunidade do IES de Viós quere intentalo.

Unha mensaxe final: "Todos e todas somos necesarios na busca do camiño ao desenvolvemento sostible, sen a vosa participación o noso intento será fallido".

No hay comentarios: