jueves, 7 de febrero de 2008

CLIMATOLOXÍA E METEOROLOXÍA

Agora que tanto se fala de cambio climático, convén recordar en que consiste o clima para diferencialo claramente do tempo meteorolóxico.

Enténdese por clima dunha zona o análise e estudo de factores como a temperatura e a pluviosidade (entre outros) desa zona, tomados para períodos de tempo nunca inferiores a 30 anos. O clima é polo tanto, un valor medio, un valor estadístico dos factores antes citados. Así en climatoloxía utilízanse unhas gráficas chamadas diagramas ombrotérmicas, que permiten saber, para cada mes do ano cales son os valores medios e polo tanto, esperados de temperatura e pluviosidade nese lugar.

En función disto, pódense establecer tipos xerais de climas, tales como:
clima continental, desértico, polar, etc, existindo, tamén subclimas dentro distes.

Por outra banda, cando falamos de tempo meteorolóxico, estámonos a referir a condicións atmosféricas tales como: intensidade e dirección do vento, temperatura, pluviosidade, humidade relativa, luminosidade, etc, que se dan nese lugar nun instante determinado.É dicir, que independientemente do clima dise lugar, a meteoroloxía nos dice si nese lugar está chovendo agora mesmo ou se choverá mañá, se sopra o vento , se loce o sol, etc.

Son os centros meteorolóxicos os que fan as prediccións que adoitamos ver na televisión, cando o "home do tempo" nos presenta o mapa de isobaras, con anticiclóns ou borrascas.

Por último, dicir que as prediccións meteorolóxicas perden precisión canto máis longo sexa o seu período de predicción, non debendo superar iste nunca as 72 horas .

COLABORACIÓN DE CARLOS E CONSUELO

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es cierto porque no tiene que ver que un día llueva para que digamos que no hay cambio climáticvo. La gente confunde.