jueves, 21 de febrero de 2008

Día internacional da Lingua Materna

O poema crebado: Lingua que rexeitaron os meus pais

Borraron os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraron o cantar humilde e puro da lingua popular.

Sóio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.
Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas, enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurran a lingua nobre e pura a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedeceron as ordes que o espadón
desborcara na poza de Galicia.

ANTÓN TOVAR(1921-2004), Calados enconxuros.

Unha colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

1 comentario:

Anónimo dijo...

"A Lingua Galega e as palabras que a forman teñen moitos anos e, sobre todo, moita historia, conservala é cousa de todos."

Estou de acordo.