jueves, 6 de marzo de 2008

Día mundial do aforro e eficiencia enerxética

Estamos a familiarizarnos co termo "eficiencia enerxética", pero de que se fala exactamente cando se utiliza esta expresión?. De algo tan sinxelo como da adecuada administración da enerxía e, en consecuencia do seu aforro.
O desenvolvemento da nosa vida cotiá require o consumo de enerxía. Non se trata de non utilizala se non de conter o seu gasto e usala eficientemente, cuestión na que todos temos responsabilidade.
Os sectores de maior potencial de aforro enerxético son o transporte, a produción enerxética e as edificacións polo que cumpre actuar prioritariamente sobre eles para reducir o consumo e disminuir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Porque para nos e tan importante a electricidade? nos tempos dos nosos bisavos non habia electricidade e non habia ningun problema Agora necesitamos para practicamente todo a electricidade.E non e so que necesitemos a electricidade senon que utilizamos mais da que precisamos por iso contaminamos tanto.