martes, 18 de marzo de 2008

Publicación de Xardíns das Mariñas

A Asociación G.A.L. Terra das Mariñas e a Fundación Juana de Vega acaban de editar un fermoso libro Xardíns das Mariñas de autoría de Jesús A. Sánchez García.
Parabéns pola iniciativa e polo resultado: un libro moi atractivo co que poderemos coñecer boa parte dos xardíns históricos da comarca das Mariñas, espazos singulares ata agora ocultos ao público, pero que forman parte do noso patrimonio paisaxístico e como tal, deberiamos coñecer, valorar e conservar.
A xeito de catálogo, o libro aporta datos históricos sobre a creación dos xardíns, descrición das características formais de cada un, especies botánicas singulares, estado actual de conservación e unha magnífica galería fotográfica.
Disfrutade da posibilidade de entrar nestes xardíns históricos, a maior parte deles en pazos de propiedade privada, e de apreciar a súa riqueza e variedade.

Colaboración de Teresa Fernández

No hay comentarios: