martes, 22 de abril de 2008

Efecto invernadoiro


O EFECTO INVERNADOIRO

No planeta Terra, existe un efecto invernadoiro, natural, que permite acadar temperaturas axeitadas para a vida, xa que impiden que toda a radiación solar que chega á súa superficie, sexa devolta á atmósfera.
O problema reside en que os gases causantes deste efecto invernadoiro son cada vez máis abundantes na atmósfera, debido ás emisións cada vez máis elevadas que se fai deles, polas actividades industriais. Esto provoca un sobrequentamento da superficie da Terra, xa que ditos gases reteñen unha maior cantidade de radiación solar da que resulta necesaria.
Como consecuencia, prodúcese, entre outros efectos, a fusión das grandes masas de xeo das altas latitudes da terra, provocando a elevación do nivel das augas dos océanos.
Vexamos brevemente cáles son estes gases:
O máis significativo en cantidade, é o dióxido de carbono (CO2) que se produce en todas as combustións debido á queima de combustibles fósiles, como carbón, petróleo e gas natural e tamén pola deforestación dos bosques.
Outro gas é o metano (CH4) que se produce pola actividade dalgunhas bacterias e pola dixestión nas vacas e outros rumiantes. Tamén se produce nos escapes das conduccións de gas natural e nos vertedoiros incontrolados.
Tamén se encontra o óxido nitroso (N2O) debido á utilización de fertilizantes que conteñen derivados do nitróxeno, tales como nitratos e outros.
Por último, están os clorofluorocarbonos (CFC) que ademáis de destruir a capa de ozono, repercuten tamén no efecto invernadoiro. Ditos CFC se encontran, sobre todo, en aerosois e aparellos de aire acondicionado e frigoríficos.
Polo tanto, o efecto invernadoiro ten causas múltiples, pero todas elas gardan relación có desenvolvemento da sociedade creada polo home.

Carlos.

No hay comentarios: