miércoles, 23 de abril de 2008

Dia mundial da Terra

A TERRA


A Terra é un planeta no que vive unha gran cantidade de especies, dentro das que se encontra a especie humana, o Homo sapiens sapiens. Polo tanto, a Terra é o noso hábitat.
A poboación humana mundial aumenta a un ritmo cada vez máis rápido, provocando un maior consumo dos recursos naturais renovables e non renovables.
Este maior consumo de recursos naturais, conleva actividades perxudiciais para a Terra, tales como: talas masivas de árbores, contaminación do aire atmosférico e das augas dos ríos, mares e océanos.
En consecuencia, debemos tomar consciencia do noso papel como especie responsable do deterioro da Terra, e actuar en consecuencia.

Carlos.

No hay comentarios: