martes, 15 de abril de 2008

Industria do automóvil e ecoloxía


A revolución ecolóxica chega ao mundo da industria do automóvil. Os coches híbridos gozan de gran atractivo polo seu baixo consumo e a súa redución de emisións de gases contaminantes.
Un vehículo híbrido combina dous motores: un eléctrico e outro de explosión. Ambos encárganse de mover o coche pero cada un entra en funcionamento dependendo das circunstancias. Xeralmente, é a mecánica eléctrica a que se ocupa de pór o vehículo en marcha, de modo que o motor de gasolina sólo actúa como apoio diste. O motor non necesita enchufarse a rede. As baterías recárganse mediante o motor de gasolina durante as deceleracións e o frenado. Cando o coche alcanza os 25 ou 30 Km/h o motor eléctrico chega ao seu límite e encéndense automaticamente o motor de combustión.
Como vedes a gran ventaxa deste tipo de automóvil é que en velocidades baixas , funciona unicamente mediante o motor eléctrico, sendo o ruído mínimo e o consumo a emisión de gases nula.
Se queredes saber como é a súa conducción , as diferencias cun coches convencional, o consumo, ect, falade con Ramón que xa hai un tempo que utiliza o coche máis "ecolóxico" do noso Centro. Isto é unha contribución máis á defensa do Medio Ambiente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Santy e Joel,dous alumnos de 1ºB,queremoslle dicir a Ramon:1_que fixo ben comprando ese coche porque axuda a disminuir o efecto invernadoiro co respectivo cambio climatico.2_Ramon, ai que lavalo coche!!!a merda tamen contamina!!!