jueves, 29 de mayo de 2008

Animais

A lavandeira branca

O macho no verán ten o curuto, a caluga e a gorxa negros. No inverno perde o negro da gorxa e só conserva unha media lúa no peito.
A femia ten a caluga cincenta ao igual que a cabeza e a gorxa.
Vive en prados húmidos e coa axuda da súa lingua e da súa cola, que lle serve para manter o equilibrio, caza ao vó os insectos. Menea constantemente a cola de arriba a abaixo. Non da saltiños senón que camiña.

No hay comentarios: