domingo, 25 de mayo de 2008

A Cociña Solar


Os alumnos/as de 2º da ESO (curso 2006/2007), que participaron no Programa A Aposta, gañaron esta cociña solar por todas as accións que desenvolveron para concienciar á comunidade escolar de Viós sobre o cambio climático e acadar o obxectivo de reducir as emisións de C02 do centro educativo. Este ano precisaron a axuda do alumnado de 4º da ESO, do Taller de Tecnoloxía para poder montala. Deíxovos unha fotografía dun intento de facer café de pota. A verdade é que en 20 minutos quentámola auga pero despois choveu o resto do día, así que o de facer a paella para todos/as vai ter que quedar para un día despexado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver cando invitades a un café¡¡