viernes, 2 de mayo de 2008

Historia das palabras

MAIO . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.

COMPOST (Etimol: Extensión do nome dunha marca comercial) Abono consistente nunha mestura de materiais orgánicos e minerais, empregado como fertilizante en agricultura.
Debe descompoñerse durante cinco ou seis meses antes de utilizalo.

COMPOSTAXE (do francés compostage: elaboración de compost) Procedemento biolóxico de recuperación de residuos agrícolas e urbanos, consistente en deixalos fermentar para que se poidan recuperar uns elementos ricos en minerais e materia orgánica.