miércoles, 28 de mayo de 2008

Oficios tradicionais: A queixeira


Traballo realizado polo alumnado de 1º A, dentro do Proxecto Interdisciplinar: A muller abegondesa

O día 5 de Maio fomos a Leiro a facer unha visita a unha señora que se adica á elaboración dos queixos. O seu nome é Toñita e ensinounos a facer queixo. (Jonathan Mesías).

Incluso deunos a proba dalgún dos queixos que xa estaban curados (Fátima Vidal).

(Mentira, non foi unha proba case acabamos cos queixos curados de Toñita, e dou fé que tamén acabamos co pan. Marta)

O queixo faise seguindo estes pasos:

  • Muxir as vacas
  • Bótase o leite nunha cuba
  • Despois bótaselle callo e sal e revólvese todo
  • Botámoslle un pouco de auga tibia e deixamolo un tempo a repousar (dúas horas, aproximadamente).
  • Pónselle unha parrilla para axudar a baixar o cuajo e dáselle a volta.
  • Quítase a parrilla e o soro. Pásase a lira
  • Collese o queixo da cuba e métese en moldes.
  • Hai que poñerlles uns pesos durante un tempo para prensalos mellor.
  • Despois dunhas horas se lles quitan os pesos e deixanse curar no frigorífico. (Raquel Cortés, Andrés Mosteiro, Jose Antonio Regueiro e Sergio Insua).
No tempo de repouso fomos ver as vacas, as ovellas, os periquitos e as galiñas (Tito Caneiro). Patricia intentou darlle un biberón de leite a unha ovella pequena.(Fátima Valeria).

Toñita é unha boa persoa, é simpática. Naceu en Leiro e empezou a traballar moi nova. Dende moi pequena facía os queixos como lle ensinaron na súa casa, a súa avóa. Vive dos queixos e da súa dulzura cos animais. Penso que se merecería ter unha gran empresa de queixos. Hai varias mulleres queixeiras en Abegondo e eu penso que cos queixos que fan terían que ser máis famosas pero cada un pensa o seu, non??? (Patricia Loureda Abuelo).

Toñita dixo que lle gustaba facer queixos, é a súa profesión e non a cambiaría por nada. Á súa neta de 7 anos gústalle que sexa queixeira. Fai o queixo na casa pero ten que ter todo moi limpo e cumprir unha especie de regramento porque senón os inspectores pódenlle pechar o seu negocio. Pero ela teno todo moi ben feito (Raquel Cortés López).

Toñita pareceume unha moi boa persoa. Desde o principio ata o fin cun sorriso. (Manuel Sánchez Sánchez).

Toñita pertence a unha Asociación de queixeiras. Os seus queixos teñen unha etiqueta. Fixádevos na feira. (Laura Caneiro Calviño)

Tóñita é a proba de que, as veces, para enseñar ben non fai falla ser mestre. Demostrounos o mesmo cariño que pon na elaboración de cada un dos seus figurados fillos. Un bico e gracias por todo (Marta).

10 comentarios:

Anónimo dijo...

E unha pena que os xovenes non se animen a continuar con este tipo de oficios no medio rural.

Anónimo dijo...

Si, eu coincido co comentario anterior, realmente é unha lástima perder tradicións como a da elaboración do queixo artesanal nas aldeas, pero tamén entendo que é moi dificil competir cas fábricas. Fátima.

Anónimo dijo...

Os xovenes de hoxe en día non siguen as costumes de fai uns anos.Seguro que a xente maior gustarialle ver os xovenes facer as cousas que se facian antes.Ou recordar as tradicións ou costumes de antes.

Anónimo dijo...

E unha pena que os xovenes non se animen a continuar con este tipo de oficios no medio rural,porque non hai moitas persoas que o faga en galiza.

Anónimo dijo...

O texto pareceme moi interesante por poñer anacos de dibersos alubnos.A Toñita parecenos moi amble

Anónimo dijo...

esa muller portouse moi ben con nós e nós falou de moitas cousas

Anónimo dijo...

interesoume moito as instruccións que dou para facer os queixos

Anónimo dijo...

a min gustoume moito todo o que nos ensinou sobre os queixo e desexolle que lle vaia moi ben cos seus queixos que por certo estan moi bos ata lofo e moita grazas a Toñita por atendernos na sua casa

Anónimo dijo...

a min gustoume moito todo o que nos ensinou sobre os queixo e desexolle que lle vaia moi ben cos seus queixos que por certo estan moi bos ata lofo e moita grazas a Toñita por atendernos na sua casa

Anónimo dijo...

a queixeira tiña unhos queixos unha casa moi bonita. Tiña ovellas, vacas, coellos,polos, e un can