martes, 17 de junio de 2008

17 de Xunio. Día mundial da loita contra a desertificación e a seca

A desertificación da Terra é un dos graves problemas medioambientais da actualidade. En definitiva, a desertificación consiste na perda de masa forestal; é dicir, que donde anteriormente existía bosque e masa vexetal, na actualidade non hai máis que terreo baleiro e mesmo, en moitos casos, atopamos a rocha aflorando á superficie.
Este fenómeno ten moitas causas, pero unha das maís coñecidas en Galicia, é a dos incendios forestais. Despois dun incendio, o solo queda alterado e non é capaz de reter o auga da chuvia, que arrastra todos os materiais (humus) que forman o solo e remata deixando a rocha ó descuberto.
Estemos pois, alerta, nesta tempada que comenza agora e que sole ter alta probabilidade de incendios forestais, tanto debido a causas naturais como ás " non naturais".

Carlos.

No hay comentarios: