martes, 28 de octubre de 2008

Matemáticas importantes: O Estado do noso Encoro

Alumnos/as de Proxecto Interdisciplinar 1ºA e B: imos comprobar que as matemáticas son importantes e prácticas. Cada 15 días irei poñendo un enlace á páxina embalses.net. O voso traballo consistirá en facer unha gráfica onde se vexa nas datas sinaladas o estado do embalse de Cecebre en relación á cantidade de auga embalsada. Despois faremos comparativas por meses e un analise de todo o curso.


Actividade da ONG: "TIERRA DE HOMBRES"

Deixovos esta información que me remitiron Carmen e Raúl, responsables da ONG "Tierra de Hombres" en Galicia. Recordade que estamos a falar da única ONG que ten sede no noso Concello. As súas iniciativas van encamiñadas a protección dos menores: da saúde a través do programa "Regreso a la vida" e da explotación infantil con "Stop al Tráfico de Niños".


HOLA A TOD@S;
INFORMAROS SOBRE UNA ACTIVIDAD QUE COMENZAREMOS EL LUNES DIA 27 DE OCTUBRE, QUE CONSISTE EN UN PASEO SOLIDARIO QUE SE INICIA EN EL OBELISCO A LAS 12.00 HORAS, PARA LO CUAL NOS GUSTARIA CONTAR CON VUESTRA PRESENCIA ,Y QUE FINALIZARA EL DIA 31 DE OCTUBRE A LAS DOS DE LA TARDE, A ESTE PASEO LO LLAMAMOS EL RETO PORQUE CONSISTE EN LO SIGUIENTE, HABRA UNA PERSONA VESTIDA DE MEDICO EN UN TRICICLO QUE CADA VEZ QUE LE DEN UN DONATIVO, DARA UNA PEDALEADA ASI HASTA LLEGAR AL FINAL QUE SERA EN MARIA PITA . EL DIA 31 DE OCTUBRE SE TERMINE O NO EL RETO.
ESTE MEDICO ESTARA ACOMPAÑADO POR VOLUNTARIOS DE TIERRA DE HOMBRES QUE DARAN INFORMACION A LA GENTE DE LO QUE HACEMOS EN NUESTRA ONG Y SOBRE VIAJE HACIA LA VIDA.
PONDREMOS FINAL A ESTA ACTIVIDAD EL SABADO DIA 1 DE NOVIEMBRE CON UNA GRAN FIESTA INFANTIL"HALOWEEN BENEFICO" DE 17.00 A 20.00 HORAS,EN EL FRONTON DE RIAZOR, PARA ESTE ACTO HEMOS PUESTO UN DONATIVO DE 3 EUROS LA ENTRADA,OS MANDAMOS EL CARTEL DE DICHA FIESTA PARA QUE LO ENVIEIS A AMIGOS CONOCIDOS ETC....Y CORRAIS LA VOZ DE QUE EL SABADO DIA 1 TENEMOS FIESTA.
GRACIAS POR VUESTRA COLABORACION.

lunes, 27 de octubre de 2008

O cambio climático empeora a saúde sobre todo nos países pobres

Esta nova puidose ver hoxe no informativo do mediodía na TVG
http://www.agalega.info/videos/?emi=4649&corte=2008-10-27&hora=14:42:24&canle=tvg1

Mellor en bici

http://link.brightcove.com/services/link/bcpid1504405887/bclid1504353823/bctid1526603145
Video enviado por Cristina Gómez de Amigos da Terra. Nel varias persoas contan a súa experiencia co uso deste medio de transporte sustentable.

A biodiversidade

Enténdese por biodiversidade, a variedade de organismos que existen na Terra. Considerando todo o conxunto da Terra, pódese dicir que a biodiversidade é maior en toda a franxa situada entre os trópicos. En concreto, os ecosistemas con maior biodiversidade son as selvas tropicais e os arrecifes coralinos. A biodiversidade, polo tanto, supón a riqueza biolóxica do noso planeta e permite a estabilidade dos seus ecosistemas, de xeito que aqueles ecosistemas nos que non intervíu o home, presentan a máxima biodiversidade posíble (estado clímax). Actualmente estase producindo unha perda de biodiversidade debido a procesos provocados polo home, tales como a contaminación (atmosférica, dos mares, dos ríos, dos lagos,do solo, etc.), deforestacións, incendios,etc. Por desgracia, dita perda de biodiversidade prodúcese a unha velocidade cada vez maior, polo que moitas especies perderanse definitivamente.

Carlos.

domingo, 26 de octubre de 2008

Presentación da A 21 Escolar Galega no Telecentro de Abegondo


Esta imaxe corresponde ao venres 24 de Outubro e foi sacada na Aula Multimedia do Concello de Abegondo. A través de videoconferencia presentouse o programa Axenda 21 Escolar Galega para o curso 2008/09.

Para os que ainda non o saibades a Axenda 21 escolar é un programa pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso contorno máis inmediato.

Neste programa comezaron a traballar o curso pasado o CEIP San Marcos e o IES de Viós.

Na fotografía podedes ver, comezando pola esquerda a Paco e a Emilio, encargados de asesorar ao profesorado sobre o programa. Despois están Manuel Tajes (Delegado de Medio Ambiente da Coruña) e Victor Meizoso (Alcalde en funcións). Participamos profes de moitos centros educativos.

jueves, 23 de octubre de 2008

A prensa de hoxe: "La Voz de Galicia"

A mostra «Continentes vivos» invita a coidar a biodiversidade

Pequenos animais vivos de todo o mundo poden verse desde onte na Domus

Autor:La Voz Data:23/10/2008

Tritones chineses, pitones da India, dragones de auga de Asia, sapos cornudos de América ou dragones barbudos de Oceanía. Son algúns dos animais que poden verse desde onte na Domus, dentro dunha nova exposición denominada Continentes vivos . A mostra invita sobre todo a «coñecer, respectar e protexer a diversidade do planeta», segundo indican os organizadores. Neste sentido, Tino Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, recordou que cando fai tres décadas empezaron a exporse as cuestións ecoloxistas «decíannos que eran reivindicacións estrafalarias e utópicas, e hoxe son totalmente asumidas». Fraga argumentou que en momentos de crises como os actuais «ou medio ambiente parece sempre que é unha materia de segundo nivel, que xoga na segunda división» cando, na súa opinión, «ou medio ambiente ten valor como recurso para a nosa propia supervivencia».O director dos Museos Científicos Coruñeses destacou que os animais que se poden ver nesta mostra pertencen á microfauna dos cinco continentes e «trasladan a necesidade de preservar eses animais e ou seu contorna».

O comisario da exposición, Pedro Velasco, apuntou que todos os animais vivos que se poden ver nos distintos terrarios da Domus non foron extraídos da súa contorna natural senón que foron criados en catividade «como larva, cría ou ovo». Tras indicar que a exposición «trata da biodiversidade da distinta fauna do planeta», recordou o equilibrio de animais e plantas dentro do cal «estamos afeitos oír falar dos perigos de extinción do lince ou o oso e ás veces esquecémonos.

Se queres ler a noticia na Opinión de A Coruña, pica no enlace:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008102300_2_230862__ACorunaMetro-Domus-inaugura-exposicion-fauna-exotica-Continentes-Vivos



lunes, 20 de octubre de 2008

Curiosidades sobre animais (Outubro). Por Antonio Fiaño e Sebastián Mosquera de 2º B

O LOBO

Sabiades que a parella dominante é a única que ten cachorros?.
Unhas tres semanas antes de parir a femia escarva un tunel na terra co obxecto de crear un refuxio. Cando ten os cachorros, permanece con eles ata que cumpran de 8 a 10 semanas. A femia debe escoller con moito tino onde facer dito refuxio: un sitio onde os demais lobos do grupo poidan cazar e defender sen problema e sempre cerca dunha fonte de auga.

Acto de presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. 2008 - 2009

ACTIVIDADE CONXUNTA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) e a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible)


O vindeiro 24 de outubro de 2008, venres pola tarde, das 18:00 ás 20:00 horas, realizarase a presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. Curso académico 2008 - 2009".

A actividade será un encontro virtual por videoconferencia simultánea nos centros da Rede de Telecentros de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia.
Neste encontro informarse detalladamente sobre as directrices do programa da A21EG durante todo o curso 2008 - 2009.

O IES de Viós, desexa invitar a todos os membros do Consello Escolar, órgano no que está representado toda a Comunidade Escolar. Calquera outra persoa que poida estar interesada en asistir debera de poñerse en contacto con Marta ao longo da mañá do luns co obxectivo de poder confirmar a asistencia.

Queremos agruparnos

O IES de Vios ven de presentarse a unha convocatoria do Ministerio de Educación para a constitución dunha agrupación de centros escolares.

Que é unha agrupación de centros escolares?

Dous ou máis centros escolares das diversas Comunidades Autonomas que se xuntan cun obxectivo común: a posta en marcha dun proxecto que neste caso é "un xornal dixital".

Con quen nos agrupamos?

Co IES Diego Angulo de Valverde del Camino, na provincia de Huelva e o IES Aubenç de Oliana (Lleida).

Que completará o proxecto?

A posibilidade de realizar encontros entre os centros agrupados nas súas respectivas localidades co obxectivo de coñecerse e profundizar na realidade na que viven cada un deles. Deste xeito as previsións son de que nun periodo de dous cursos, se todo vai ben, vaiamos a LLeida e a Huelva e, por suposto, recibamos en Abegondo en maio de 2010 aos centros participantes.

sábado, 18 de octubre de 2008

III Concurso de fotografia do IES de Vios


"Abegondo e a auga: lugares, xentes e ideas relacionadas coa auga"

Se tes entre 12 e 18 anos, participa ata o 21 de Novembro!!!!!!!


viernes, 17 de octubre de 2008

O Composteiro

Agora mesmo estamos na clase de Proxecto Interdisciplinar de 1º A. Imos a facer un artigo cooperativo.

Inés di:No instituto temos un composteiro que está feito de plástico reciclado...
Marco di: ...serve para botar os restos orgánicos e logo de descompoñerse, obteremos abono para as plantas e as árbores do centro...
Jaime di:...Os restos da comida do comedor escolar dos mércores tíranse nel e despois cubrése cun pouco de herba para que non cheire"
Andrea di: ...tardaremos 6 meses, aproximadamente, en ter abono porque estamos na estación de outono-inverno. Si estivéramos no verán tardariamos menos tempo"
Andrea: "O composteiro ten que estar colocado debaixo dunha árbore, para que non lle dea moito o sol..."
José di: "Na base do composteiro fixemos unha cama de ramas e piñas para que poidan pasar os microorganismos que descompoñen a materia e tamén para que haxa ventilación..."
Samuel di: "Ti tamén podes facer un composteiros coma o noso con tablas ou rede, Anímate!!!!..."
Jonathan Quintela di: Protexe o teu composteiro cunha rede para que non entren roedores...

jueves, 16 de octubre de 2008

Curiosidades sobre animais (Outubro). Por Antonio Fiaño e Sebastián Mosquera de 2º B

O LOBO

Sabiades que a parella dominante é a única que ten cachorros?.
Unhas tres semanas antes de parir a femia escarva un tunel na terra co obxecto de crear un refuxio. Cando ten os cachorros, permanece con eles ata que cumpran de 8 a 10 semanas. A femia debe escoller con moito tino onde facer dito refuxio: un sitio onde os demais lobos do grupo poidan cazar e defender sen problema e sempre cerca dunha fonte de auga.

O IES de Viós incorpórase ao PLAN DIRECTOR para a mellora da convivencia e a seguridade escolar. Dito plan ten, entre outros, os seguintes obxectivos:


*Axudar a mellorar o coñecemento dos alumnos, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos xóvenes.


*Poñer a disposición da Comunidade educativa a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar.

As liñas de actuación no centro educativo de Viós concretaránse en charlas aos alumnos sobre problemas de seguridade que lles afectan, especialmente referido a internet e Encontros con pais e nais nas seguintes datas:


Venres, 7 de Novembro, ás 20:30. “Riscos de internet”

Venres, 12 de Decembro, ás 20:30. “Drogas”

Venres, 23 de Xaneiro, ás 20:30. “Bandas xuvenís e acoso escolar”


Estas charlas serán impartidas por expertos policiales e estarán abertas a todos os veciños de Abegondo que poidan estar interesados.

Agora mesmo estamos en clase:Facendo un artigo cooperativo

Estamos na clase de proxecto interdisciplinar no grupo de 1º B. Estamos facendo unha proba de como funcionan as entradas do blog.

Tamara di "É importante coidar o medio ambiente"
Alejandra di: "porque hai moita contaminación"
Ainhoa di: "Anímovos a reciclar"
Fátima di: "porque senón imos quedar sen planeta"
Noemí di: " e o ser humano desaparecerá"....."

miércoles, 15 de octubre de 2008

Adiviñas: Outubro por Laura Caneiro Calviño de 2º B

Adiviñas: Outubro por Laura Caneiro Calviño de 2º B
Habita nos lugares frescos
sobre solos lixeiros e profundos
é unha especie cultivada dende hai milenios
polos seus froitos e pola súa madeira

Que é?????

martes, 7 de octubre de 2008

Medio ambiente: ¿entelequia o realidad?

Hace más de siglo y medio (posiblemente con Darwin) que comenzó a tambalearse la visión linneana del mundo natural, basada en el «indiscutible» (sic) origen divino de nuestros derechos de uso, disfrute y conservación de la naturaleza. Hoy en día, la biología admite sin rodeos que la posición dominante del ser humano en el planeta es sólo uno de los resultados posibles, probablemente fortuitos, del inexorable devenir evolutivo. Esta cuestión no es baladí, pues influye sobremanera en la importancia que atribuimos al homo sapiens en el funcionamiento de los ecosistemas.

Bien es verdad que el ser humano es capaz de transformar el medio ambiente en el que vive hasta límites que ponen en peligro su propia supervivencia como especie. No en vano Vladímir Vernadsky, en su influyente obra La biosfera de 1926, situó dos capas adicionales alrededor del planeta, a añadir a la litosfera, la atmósfera y la biosfera: la «tecnosfera», término acuñado para nombrar al resultado de la alteración producida por el hombre, y la «noosfera», o esfera del pensamiento, última capa planetaria en la que se entremezclan evolución biológica y cultural. Más recientemente, el químico holandés Paul Crutzen, del Instituto Max Planck para la Química (Mainz, Alemania), quien obtuvo en 1995 el premio Nobel por sus estudios sobre la descomposición de la capa de ozono atmosférico, propuso llamar «antropoceno» a una nueva era geológica definida por la aparición de la sociedad urbana industrial como fuerza capaz de transformar el territorio y cambiar el clima planetario.

Pero, ¿qué es el medio ambiente? Podemos empezar por decir lo qué no es. Desgraciadamente para algunos, el medio ambiente, ay, no es esa entelequia compuesta de inoportunas posidonias, enojosas ispágulas, entrometidos búhos y fastidiosas lagartijas «de rabo colorao» (como dijo una vez Valcárcel con rústico gracejo), puestas ahí para solaz de ecologistas de anteojo en ristre, consuelo de urbanitas con mala conciencia de serlo, y regocijo de funcionarios europeos empeñados en hacernos la vida imposible (lo más preocupante no es que se divulguen falacias como las referidas, sino que a menudo ese desatino sea perpetrado por ciertas personas -entre ellas nuestro inefable libelista de oficio-, a las que se les presupone elevada talla intelectual, altura de miras y vastas lecturas).

Por el contrario, por medio ambiente entendemos el conjunto de circunstancias físicas, biológicas, culturales, económicas y sociales en que vive una persona (por extensión, una sociedad). Por lo tanto, no se trata de algo ajeno a nosotros, sino más bien el conjunto de elementos (naturales y artificiales) que forman el ecosistema en el que nos hallamos inmersos, y de los procesos ecológicos que los mantienen, tales como los implicados en el ciclo hidrológico, el transporte de materiales laderas abajo o por acción del viento y el agua, la formación y dinámica del suelo, la producción de materia vegetal, la dispersión de semillas, la polinización, los movimientos y migraciones de animales, o la diversificación genética (por citar algunos). Y esos políticamente incorrectos bichos, tan insidiosos para algunos, no son sino indicadores de que nuestro ecosistema conserva cierto grado de naturalidad, indefectiblemente ligada a la sostenibilidad de nuestro modo de vida.

Frente a la eterna (pero falsa) disyuntiva «progreso vs. medio ambiente», hemos de oponer la más fundamental «progreso vs. retroceso», en calidad de vida y expectativas de futuro, las cuales, ciertamente, dependen de la condición y durabilidad de nuestro medio ambiente.Parece claro que la biosfera seguirá existiendo con género humano o sin él, a pesar de la inclinación prepotente de nuestra especie a acabar con todo rastro de vida, incluida la suya.

Desengañémonos, no somos tan importantes pero, claro, ¿quién puede mantenerse neutral en este asunto?

José Antonio García Charton. Profesor de ecoloxía.

sábado, 4 de octubre de 2008

Traballando sobre o transporte e o cambio climático en 1º A

BRAIS explica: O sector do transporte é dos que sube bastante as emisións de CO2. Para cumplir os obxectivos do Protocolo de Kioto, de aquí ao 2012 deben rebaixar esas emisións"

Propostas do grupo para solucionar este problema:

  • Multando ao que emita máis CO2 do permitido
  • Usando carburantes menos contaminantes ou biocombustibles
  • Abaratando os coches que coidan mais o medio ambiente
  • Reducindo o peso dos coches