sábado, 22 de noviembre de 2008

Curiosidades animais Novembro 2008: Por José Corral

O Peixe Coitelo

Pobladores de augas tranquilas de África e de Asia, moitas veces encoradas, con abundante vexetación e madeira morta. Estes peixes andan dun lado para outro en grupo e comen larvas de insectos, insectos, peixeciños e crustaceos de auga doce.

Viven en lugares con moitas raices e sombras debidas ás plantas flotantes. Cada expemplar deberá despoñer do seu propio refuxio ou escondrillo.

Durante a freza as femias teñen un ventre mais redondeado. Desovan en buratos ou fisuras; os seus ovos poden trasladarse a un acuario de cria. O macho é o encargado de darlle de comer ás crías.. Emiten sóns parecidos aos ladridos.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Inventos por Natalia Otero de 2ºB

A historia da metereoloxía está constituída por pequenas aportacións que contribuiron a dar grandes pasos cara diante. Un deles foi:

Pluviométro: 1441 por Jang Yeong Sil. Instrumento empleado nas estacións metereolóxicas para a recolleita e medición das precipitacións.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Auga e desenvolvemeto sostible desde o enfoque local

Hoxe no Concello de Abegondo terá lugar a Xornada "Auga e desenvolvemento sostible desde un enfoque local". Entre outros ponentes estarán representantes de Cabo Verde para falar sobre retos e desafíos na xestión da auga nos países en desenvolvemento. Para que coñezades só un pouco mais deste pais deixo un video de Cesarea Evora.

domingo, 16 de noviembre de 2008

A prensa de hoxe: "La Opinión A Coruña"

O Cambio Climático trae a Galicia especies exoticas de peixes.

Lé a noticia:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008111600_8_237440__SOCIEDAD-cambio-climatico-trae-Galicia-veintena-especies-exoticas-peces

UN AGRADECEMENTO á OPINIÓN QUE DENDE ESTA SEMANA REMÍTENOS DESINTERESADAMENTE EXEMPLARES DO SEU XORNAL PARA A NOSA BIBLIOTECA MÓVIL.


viernes, 14 de noviembre de 2008

A MIRADA DO ALCALDE

CON OUTRA MIRADA….., dende Abegondo

En primeiro lugar, e aproveitando que “o Mero pasa por Vilacoba”, quixera decir, recoñecer e manifestar públicamente o esforzo e entusiasmo que, dende a comunidade que integra o IES de Viós, se está a facer neste proxecto que se está a desenvolver coa Axenda 21 Escolar.

Debemos ser conscientes en que nos tempos en que nos está tocando vivir, somos auténticos privilexiados, activos participantes dunha nova revolución; dentro dun proceso de cambio mais que a sociedade, o ser humano, está a desenvolver coa implantación universal das novas tecnoloxías que apareceron no último tramo do século XX. O mundo da comunicación entre as persoas e o intercambio de ideas e coñecementos en tempo real, dende calquer parte do mundo, troca dun xeito absoluto a concepción do tempo, tal como era visto, interpretado e vivido ainda non hai moito tempo polos nosos pais e avós.


Entendo que as múltiples vantaxes que o mundo da comunicación ofrece hoxe en día, non debe de caer en saco roto para todas aquelas persoas que queiran satisfacer a curiosidade, e por suposto ampliar o coñecemento; elemento esencial, ó meu entender, para que calquer individuo poida ser e sentirse mais libre, na toma das súas propias decisiós ó longo da súa vida.


E foi sempre unha constante no ser humano, que esté adoptando decisiós permanentemente; dende varios ámbitos (persoais, familiares, de traballo, de ocio, etc, etc….), e tanto a nivel individual como a nivel colectivo ou de grupo. Según se vai organizando en escalas, xerarquías e ámbitos de actuación, o nivel de toma de decisiós vai adoptando niveis mais complexos e dificultosos de cara a acertar ou a dar co xeito mais favorable para os propios integrantes da comunidade. Entendo que neste complexo proceso, de dar cobertura ás múltiples necesidades do ser humano, na adopción de decisiós acertadas e axeitadas; é sumamente importante a participación dos propios integrantes da comunidade en cuestión.


E claro que neste momento, en moitos destos procesos, a participación cidadá, é un ingrediente imprescindible, non só para saber que é o que quere o individuo ou a colectividade, senón que tamén serve para saber o que non se quere, e o que se pode solventar ou mellorar.


Non é doado palpar claramente unha alta participación cidadá en calquer foro ou ámbito para a toma de decisiós; porque entre outras cousas debe de ser voluntario, e dalgún xeito segue a verse como algo abstracto, non demasiado concreto nin palpable, o que fai que este novo proceso (alo menos entendo que en Abegondo en boa medida o é), sexa mais lento do que ó mellor eu, particularmente desexaría ou recomendaría.


Neste proceso no que o IES de Viós está a desenvolver no proxecto da Axenda 21 Escolar, estase a traballar no concepto de “sostibilidade”. Para non facer moi longa esta intervención prefiro deixalo para outra ocasión. Somentes facer un pequeño xogo de palabras co fin de centrar grandes conceptos, aplicados á forma que queiramos ter nos mesmos nas nosas vidas (tanto como de individuo como integrantes da sociedade). Para conquerir a “sostibilidade” debe de aplicarse, entre outras cousas, o sentido común, para que todo aquelo que nos rodea e percibamos sexa “sostible”, porque do contrario sería “insostible”, circunstancia esta última negativa e nada recomendable para ninguén.


Un saúdo.


Juan J. Rocha Carro

Alcalde de Abegondo

jueves, 13 de noviembre de 2008

XOGO LIMPO

Metidos como estamos últimamente nesta tarefa de disfrutar da vida consumindo a mínima enerxía posible para acadar ese ansiado desenvolvemento sostible, ocórreseme que por qué non aplicalo tamén ao tempo de lecer, ao tempo do xogo.
O xogo tradicional cumpre perfectamente todos os requisitos. Pensa nunha buxaina: é económica, duradeira, fácilmente transportable e, o mellor de todo, sen gasto enerxético. Métela no peto e esquéceste das pilas, de recordar onde deixaches o mando, de enfadarte porque os enchufes nunca están onde os precisas, de oír dicirlle a túa avoa que tanto ordenador vaiche estragar a vista…pero non perdes emoción, nin habilidade, nin coordinación. Proba a bailaba, simplemente. Non é doado. Require moita práctica. Intenta collela cos dedos mentres baila e fai que siga bailando na túa palma. Non che gusta xogar só? Queda cos teus amigos, facede un círculo arredor dunha buxaina que baila no centro e intentade golpeala e facela saír do círculo. Queres sensacións máis fortes? Proba a lanzala con forza contra a buxaina danzante dun amigo, intenta guicharlla ou, se podes, fenderlla.
E que me dis de construír a túa propia carrilana? Pensa no que disfrutarías dúas ou tres tardes adicándote ao “bricolaxe”, aproveitas esas táboas que levan anos arrombadas no garaxe, consegues uns rodamentos vellos en calquera taller e …ala! A disfrutar da vertixe e da emoción de lanzarse por unha costiña. A diversión tela asegurada.
Só hai que querer divertirse; non fai falta estar á última en avances tecnolóxicos nin botar o día “conectados” para disfrutar dunhas risas cos amigos.

Colaboración de Teresa a nosa dinamizadora de N.D.L. que xunto cos alumnos do 1º ciclo fixo unha actividade na que aprendemos moito sobre este tradicional xoguete e poidemos disfrutar uns "bailandoo " e outros ..... bueno, fixemos o que poidemos.

A nosa Caseta Metereolóxica en marcha

Os alumnos de 1º xa están organizados para medir todos os días as temperaturas rexistradas no termómetro da nosa caseta metereolóxica. E todos os días estamos inxerindo os datos na web de Meteogalicia.

O pluviometro está estes días na "enfermería" pero gracias á colaboración de Esther e aos alumnos/as do taller de tecnoloxía, nuns días poderemos contar de novo con el.

E xa que andamos de agradecementos non queremos deixar a Carlos, o noso profe de BIO-XEO que a semana pasada deunos unha charla moi interesante sobre a caseta metereolóxica, no grupo de 1º B.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Estamos en clase

Agora estamos na clase de Reforzo educativo de 2º B. Estamos lendo un artigo de "La Voz de Galicia", do mércores pasado. O título é "Es tiempo de castañas"e imos tratar de decir o que mais nos chamou a atención.

Sebastián: Ata fai pouco pensábase que o castiñeiro fora introducido polos romanos pero podería ser anterior xa que se atopáron restos de fósiles de graos de polen.

A José gustoulle saber que o froito desta árbore consumiases como se fose pataca. Coa chegada desta dende Ámérica empezouse a abandoar o seu consumo.

Antonio di que sobre o 1750 a enfermidade da tinta causou destrozos nos castiñeiros. Podería ser que este fungo procedera dos intercambios comerciais con Oriente.

Natalia: Durante moito tempo a castaña foi fundamental na alimentación dos galegos".

Laura: Hai topónimos de barrios de cidades referidos a esta árbore que teñen a súa orixe na presenza delas nalgún momento da súa historia.

Sebas: O magosto é a festa que exalta ó consumo da castaña.

Jose: As castañas que non apañemos servirán de alimento a corzos e xabaríns.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Fotodenuncia


Noemí de 1º B trae esta foto da praia das Catedrais

domingo, 9 de noviembre de 2008

Fotos presentadas ao concurso








Mais cine: CENIZAS DEL CIELO

Dirección: José Antonio Quirós. País: España. Año: 2008. Duración: 96 min. Género: Comedia dramática. Interpretación: Celso Bugallo (Federico), Clara Segura (Cristina), Gary Piquer (Pol Ferguson), Fran Sariego (Mario), Beatriz Rico (Tati), Txema Blasco (Manolo), Raquel Evia (Marisol), Eduardo Antuña (Raúl), Nicolás Fernández Luna (Alfredo), Carlos Kaniowski (Lalin). Distribuidora: Universal Pictures International Spain. Estreno en España: 7 Noviembre 2008.

Cenizas del cielo

Sinopsis: Pol Ferguson, un escocés aventurero que escribe guías turísticas, visita el norte de España para completar su última publicación. La autocaravana que conduce le deja encallado no precisamente a la vera de una hermosa playa sino bajo las chimeneas de una central térmica. Se ve obligado a permanecer allí y descubre un nuevo mundo, un “lugar imposible” donde va a iniciar una peculiar amistad con Federico, un hombre de campo que cree que el compromiso de Kyoto va a cerrar la térmica que contamina el valle. Poco a poco, Ferguson se verá inmerso en el compromiso de apoyar a Federico en su lucha contra la central térmica.

El Clima escribe la historia de Galicia

Un libro explica la influencia del devenir histórico y demuestra que los excesos climáticos han estado siempre unidos a esta comunidad.

Noticia publicada en La Opinión

AMAIA MAULEÓN. A CORUÑA. Impedir una muerte en la horca, una invasión o matar de hambre a un pueblo. Las variaciones climáticas no determinan el acontecer histórico, pero tienen un importantísimo papel en él. Si no, que se lo pregunten a Fernando de Xinzo, que se libró de la horca en 1472 porque un chaparrón rompió la cuerda que lo ahogaba y no por la milagrosa intervención de la Virgen María, como se hizo creer a los fieles. O al rey Alfonso Henriques de Portugal, que fracasó en su intento de invadir A Limia en 1161 porque una fuerte tormenta le obligó a salir corriendo. La vida del rey Carlos II también estuvo a punto de dar un vuelco a causa de un tremendo temporal. En 1690, el barco en el que viajaba su prometida, Mariana de Neoburgo, no lograba llegar a Mugardos a causa de unas lluvias y vientos fortísimos. Asustada, la joven prometió, si conseguía llegar con vida junto a su amado, visitar al Apóstol Santiago. Cumplió la promesa, pero en el templo, el botafumeiro salió disparado y cayó a sus pies a punto de causar una desgracia.Un grupo de científicos desvela en el libro Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia la fuerte relación que, a lo largo del tiempo, ha existido entre los fenómenos meteorológicos y la historia del país. La obra, editada por el Consello da Cultura Galega y la Consellería de Medio Ambiente, está coordinada por Francisco Díaz-Fierros y realiza un extenso recorrido por la historia del clima en la comunidad. Las fuentes para realizar este estudio pasan desde recopilatorios de noticias, a descripciones literarias como las de Otero Pedrayo, libros de los cabildos catedralicios, crónicas, memorias, relatos de viajeros y vidas de santos. Sin embargo, según una de las autoras del libro, Mª Luisa Losada, "en el análisis de este tipo de información hay que tener en cuenta que las noticias meteorológicas normalmente sólo eran noticias cuando eran malas, lo que nos lleva a considerar como años meteorológicamente buenos aquellos en los que escaseen las noticias".Los documentos eclesiásticos son una de las fuentes utilizadas en el libro para conocer cómo era el tiempo en Galicia cuando no existían aparatos de medición ni registros. El clero utilizaba en ocasiones los fenómenos atmosféricos a su favor. Así, entre los años 976 y 978, Galicia sufrió una sequía que afectó a toda la región cantábrica. La Iglesia aseguró que era un castigo al rey Bermudo por meter en la cárcel al obispo de Oviedo.En el año 1102 las lluvias en la vertiente atlántica fueron especialmente intensas en invierno; riadas, inundaciones y el desbordamiento del río Miño pusieron en peligro el traslado de las reliquias de San Fructuoso a Tui, que tenían que cruzar el río en barca. La Iglesia aseguró a los fieles que "la sola presencia del cuerpo del santo hizo que se calmara la tormenta y naciera una suave brisa que impulsó la barca a Tui".El libro demuestra que Galicia, especialmente el sur de la Comunidad, siempre ha sufrido los excesos climáticos. Entre 650 y el año 1000, el tiempo fue relativamente seco y cálido. El siglo XII comenzó con heladas, nevadas y malas cosechas. En 1533 hubo una tempestad de granizo, viento y agua en las costas, lo que provocó el hundimiento de nueve barcos en Muros y Noia, mientras que el 23 de noviembre hubo una tempestad eléctrica en Santiago que causó varias muertes.Inviernos duros y prolongados sufrieron los gallegos en el siglo XVII. Dicen los datos de los monjes que Galicia se quedó sin verano en 1603. Esta acumulación de inclemencias climáticas provocó graves crisis de subsistencias de 1693 a 1694 con aumento de la mortalidad y contagio de enfermedades.Se podría pensar que la catedral de Santiago permanece erguida porque el cielo lo quiso. Ha sufrido la furia de los rayos en varias ocasiones. El 15 de mayo de 1554 uno cayó en el templo y mató a tres personas y en 1853 un temporal volvió a cebarse con el bello edificio.

sábado, 8 de noviembre de 2008

viernes, 7 de noviembre de 2008

Unha recomendación para o fin de semana: "Los niños de Huang Shi"

O fin de semana pasado fun ver esta peli e ainda que as críticas cara ela non son excelentes, recoméndovola porque está baseada nunha historia real e polos valores de respecto, solidaridade e convivencia que se van trasmitindo.



Título original: The children of Huang Shi. Dirección: Roger Spottiswoode. Países: Australia, China y Alemania. Año: 2008. Duración: 125 min. Género: Drama. Interpretación: Jonathan Rhys Meyers (George Hogg), Radha Mitchell (Lee Pearson), Chow Yun Fat (Jack Chen), Michelle Yeoh (Madame Wang), David Wenham (Barnes), Guang Li (Shi Kai). Distribuidora: DeAPlaneta. Estreno en España: 31 Octubre 2008.

Sinopsis: George Hogg, un joven periodista inglés, llega a China en los años 30 cuando el país está siendo tomado por las tropas japonesas. Hogg se libra de la muerte gracias a un líder de la resistencia china, Jack Chen, y en su huida acaba refugiándose en el orfanato de Huang Shi. Con el ejército japonés cada vez más cerca, Hogg intenta salvar a los 60 niños del orfanato embarcándoles en un agotador viaje a través de montañas y desiertos, acompañados por Jack y una enfermera norteamericana. Por el camino descubrirán el verdadero significado del amor, la responsabilidad y el valor.

lunes, 3 de noviembre de 2008

Traballando CLIMÁNTICA

O grupo de 1º B, logo da lectura do texto "A TERRA ESTÁ EN REBELDÍA" extrae as seguintes conclusións:

A Terra está en rebeldía e por iso orixínanse desperfectos, tanto na superficie como nos seres vivos que estamos nela.

Quédanos pouco tempo para mellorar o noso comportamento coa Terra. Do contrario ela farase máis rebelde ainda.

A esa rebeldía podemoslle chamar "CAMBIO CLIMÁTICO".

A xente non ten conciencia do cambio climático: porque non está informada, porque pasa de todo, porque non pensa no futuro dos demais....Hai moita xente que toma todo esto a broma e non pensa nas xeneracións seguintes.

Nalgúns casos a xente toma conciencia e adoita actitudes de coidado da Terra pero outras veces esas medidas non se poden levar a cabo porque os que gobernan non poñen as medidas. Por exemplo algúns alumnios/as desta clase queremos queixarnos de que non temos contenedores preto da casa que nos permitan depositar o lixo selectivamente. Esto pasa sobre todo cos contenedores de vidro.


ALUMNOS/AS DE 1ºB

sábado, 1 de noviembre de 2008

A ecoloxía dun día de festa.

O venres celebramos no IES de Viós o Magosto. Entre outras actividades os alumnos/as de 4º da ESO organizaron coa colaboración do seu titor, Javier, un "Circuíto da castaña" consistente na realización de varias probas que tiñan como protagonistas as castañas. Participamos todos e todas, e ainda que o Equipo de profes demostramos unha condición física moitísimo millor ca dos alumnos, os de 4º proclamaron Equipo gañador a 3º A.

Parabens aos de 4º pola organización. En breve procuraremos colgar a galeria de fotos e o video. Mentras deixovos a "cabeleira ecolóxica" coa que apareceu Sergio de 4º ESO o venres.