jueves, 13 de noviembre de 2008

A nosa Caseta Metereolóxica en marcha

Os alumnos de 1º xa están organizados para medir todos os días as temperaturas rexistradas no termómetro da nosa caseta metereolóxica. E todos os días estamos inxerindo os datos na web de Meteogalicia.

O pluviometro está estes días na "enfermería" pero gracias á colaboración de Esther e aos alumnos/as do taller de tecnoloxía, nuns días poderemos contar de novo con el.

E xa que andamos de agradecementos non queremos deixar a Carlos, o noso profe de BIO-XEO que a semana pasada deunos unha charla moi interesante sobre a caseta metereolóxica, no grupo de 1º B.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia desde aquí o meu modesto agradecemento aos alumnos de 1º de ESO do IES de Viós. Co mantemento e conservación da caseta metereolóxica, e coa recollida de información que poñen en mans dos servizos metereolóxicos, contribúen á conservación do medio ambiente, aspecto que nos preocupa tanto nestes momentos. Un saúdo e a seguir así!.