lunes, 3 de noviembre de 2008

Traballando CLIMÁNTICA

O grupo de 1º B, logo da lectura do texto "A TERRA ESTÁ EN REBELDÍA" extrae as seguintes conclusións:

A Terra está en rebeldía e por iso orixínanse desperfectos, tanto na superficie como nos seres vivos que estamos nela.

Quédanos pouco tempo para mellorar o noso comportamento coa Terra. Do contrario ela farase máis rebelde ainda.

A esa rebeldía podemoslle chamar "CAMBIO CLIMÁTICO".

A xente non ten conciencia do cambio climático: porque non está informada, porque pasa de todo, porque non pensa no futuro dos demais....Hai moita xente que toma todo esto a broma e non pensa nas xeneracións seguintes.

Nalgúns casos a xente toma conciencia e adoita actitudes de coidado da Terra pero outras veces esas medidas non se poden levar a cabo porque os que gobernan non poñen as medidas. Por exemplo algúns alumnios/as desta clase queremos queixarnos de que non temos contenedores preto da casa que nos permitan depositar o lixo selectivamente. Esto pasa sobre todo cos contenedores de vidro.


ALUMNOS/AS DE 1ºB

No hay comentarios: