jueves, 13 de noviembre de 2008

XOGO LIMPO

Metidos como estamos últimamente nesta tarefa de disfrutar da vida consumindo a mínima enerxía posible para acadar ese ansiado desenvolvemento sostible, ocórreseme que por qué non aplicalo tamén ao tempo de lecer, ao tempo do xogo.
O xogo tradicional cumpre perfectamente todos os requisitos. Pensa nunha buxaina: é económica, duradeira, fácilmente transportable e, o mellor de todo, sen gasto enerxético. Métela no peto e esquéceste das pilas, de recordar onde deixaches o mando, de enfadarte porque os enchufes nunca están onde os precisas, de oír dicirlle a túa avoa que tanto ordenador vaiche estragar a vista…pero non perdes emoción, nin habilidade, nin coordinación. Proba a bailaba, simplemente. Non é doado. Require moita práctica. Intenta collela cos dedos mentres baila e fai que siga bailando na túa palma. Non che gusta xogar só? Queda cos teus amigos, facede un círculo arredor dunha buxaina que baila no centro e intentade golpeala e facela saír do círculo. Queres sensacións máis fortes? Proba a lanzala con forza contra a buxaina danzante dun amigo, intenta guicharlla ou, se podes, fenderlla.
E que me dis de construír a túa propia carrilana? Pensa no que disfrutarías dúas ou tres tardes adicándote ao “bricolaxe”, aproveitas esas táboas que levan anos arrombadas no garaxe, consegues uns rodamentos vellos en calquera taller e …ala! A disfrutar da vertixe e da emoción de lanzarse por unha costiña. A diversión tela asegurada.
Só hai que querer divertirse; non fai falta estar á última en avances tecnolóxicos nin botar o día “conectados” para disfrutar dunhas risas cos amigos.

Colaboración de Teresa a nosa dinamizadora de N.D.L. que xunto cos alumnos do 1º ciclo fixo unha actividade na que aprendemos moito sobre este tradicional xoguete e poidemos disfrutar uns "bailandoo " e outros ..... bueno, fixemos o que poidemos.

No hay comentarios: