viernes, 30 de enero de 2009

miércoles, 28 de enero de 2009

A proposta do alumnado de reforzo educativo de 2ºB: Pensas que este é o inverno de condicións climáticas mais adversas entre os últimos dez anos?

Resultados:

si: 35 votos (94%)
non: 2 votos (6%)

Traballo para a clase de Reforzo Educativo de 2º B

De Marta para Laura, Natalia, Sebas, Antonio e Fátima Valeria:

Hoxe non vou poder estar no centro ás 11:55, xa que teño unha reunión en Coruña, pero teredes que deixar feito os seguintes traballos:

1. Ler a entrada do blog feita polo profesor Carlos sobre os Humidais.
2. Buscar información na rede sobre humidais en Galicia prestando moita atención ao tipo de aves migratorias que poden habitar neles.
3. Colgar un resumo desta información como se fose un comentario.

Se sobra tempo xa sabedes que teriamos que renovar a sección de "adiviñas", así que podedes buscar algunha que teña que ver coa natureza, ou o medio ambiente, en xeral. Deixades as que atopedes sobre a miña mesa ou como un comentario nesta entrada.

Un bico, vémonos á tarde.

lunes, 26 de enero de 2009

Arte: Juan Carlos Matilla

Deixovos esta obra de arte do meu amigo Juan Carlos Matilla con que tiven a sorte de traballar durante un ano moi feliz da miña vida.

Os elementos naturais sempre estiveron presentes na súa obra, centrada na observación directa da naturaleza, dos entornos inmediatos. O mundo vexetal revelase como unha canteira de posibilidades de analisis plásticos e de gran contido simbólico.


DO ENTORNO NATURAL E OS ESTADOS DA ALMA.

http://www.arteinformado.com/Artistas/10863/matilla-juan-carlos-matilla/


Por cierto Mati, las violetas de la casa de Moraleja están fantásticas y también los trozos de bichos en acuarela, hacen que nos acordemos de ti cada día.

2 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS

Denomínanse zonas húmidas ou humidais aquelas zonas que permanecen inundadas de auga ou cun alto contido nela no solo, xa sexa de forma permanente ou estacional.Os humidais son ecosistemas con moita biodiversidade, sendo ricos en aves acuáticas, razón pola que, na actualidade son considerados como zonas protexidas.Existen moitos humidais en España, tales como marismas, lagoas, deltas, salinas e outros. Os distintos humidais existentes, teñen distinta orixe, pero todos coinciden na súa grande riqueza biolóxica, así como en ser lugares de descanso, refuxio e cría de moitas aves migratorias. Polo tanto, debemos ser conscientes da súa importancia paisaxística, biolóxica e cultural como patrimonio a conservar.

Colaboración de Carlos profesor de Bioloxía

domingo, 25 de enero de 2009

Novidades da Biblioteca


Martes 27 de XANEIRO, na BIBLIOTECA ás 11:25

Presentación de MANGAS

A cargo de Borja Seoane Trigo de 4º ESO

Cine recomendado: "La clase"

Título original: Entre les murs. Dirección: Laurent Cantet. País: Francia. Año: 2008. Duración: 128 min. Género: Drama. Interpretación: François Bégaudeau (François), Vincent Caire (Vincent), Olivier Dupeyron (Olivier), Patrick Dureuil (Patrick), Frédéric Faujas (Fred), Laura Baquela (Laura), Juliette Demaille (Juliette), Dalla Doucoure (Dalla), Esméralda Ouertani (Sandra), Franck Keïta (Souleymane), Wei Huang (Wei). Distribuidora: Golem. Estreno en España: 16 Enero 2009.



Sinopsis: François y los demás profesores se preparan para enfrentarse a un nuevo curso en un instituto situado en un barrio conflictivo. Llenos de buenas intenciones, deseosos de aportar la mejor educación a sus alumnos, se arman contra el desaliento. Pero las culturas y las actitudes se enfrentan en el aula, microcosmos de la Francia contemporánea. Por muy divertidos y estimulantes que sean los adolescentes, sus comportamientos pueden cortar de raíz el entusiasmo de un profesor que no cobra bastante. La tremenda franqueza de François sorprende a sus alumnos, pero su estricto sentido de la ética se tambalea cuando los jóvenes empiezan a no aceptar sus métodos.

jueves, 22 de enero de 2009

INVENTOS. Xaneiro. Por Natalia, Fátima e Laura de 2º B

A historia da metereoloxía está constituída por pequenas aportacións que contribuiron a dar grandes pasos cara diante. Un deles foi:

O primeiro termómetro foi o de Galileo, sabio italiano (1564-1642). Este termómetro consta dun tubo de cristal hermético que contén un líquido especial sobre o que flotan pequenas esferas de cristal cun líquido no interior de cor diferente en cada esfera.

miércoles, 21 de enero de 2009

Ditos, refráns e outros sobre o mes de xaneiro

A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.

A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.

Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.

Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.

En decembro descansar, en xaneiro traballar.

A flor de xaneiro no chega ao fruteiro.

Tronos en xaneiro, mortandade no reino.

Xaneiro mollado, febreiro transtornado.

En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.


Unha colaboración de Sebastián Mosquera e Antonio Fiaño.

martes, 20 de enero de 2009

Curiosidades animais Xaneiro 2009: Por Antonio Fiaño e Sebastian Mosquera

O XABARÍN

Algunhas curisidades sobre este animal que todos coñecemos poderían ser:

As crias chámanse rallóns, polo pelaxe que presentan durante os seis primeiros meses de vida. De adultos xa son "verracos"

Gústalles revolcarse no barro xa que estes baños desparasitan.

Aliméntanse de todo pero o que mais lles gusta son os vexetais de estación.

Os seus colmillos son autenticas navallas. O tamaño destes é un dos sistemas que se pode utilizar para calcular a súa idade