miércoles, 28 de enero de 2009

Traballo para a clase de Reforzo Educativo de 2º B

De Marta para Laura, Natalia, Sebas, Antonio e Fátima Valeria:

Hoxe non vou poder estar no centro ás 11:55, xa que teño unha reunión en Coruña, pero teredes que deixar feito os seguintes traballos:

1. Ler a entrada do blog feita polo profesor Carlos sobre os Humidais.
2. Buscar información na rede sobre humidais en Galicia prestando moita atención ao tipo de aves migratorias que poden habitar neles.
3. Colgar un resumo desta información como se fose un comentario.

Se sobra tempo xa sabedes que teriamos que renovar a sección de "adiviñas", así que podedes buscar algunha que teña que ver coa natureza, ou o medio ambiente, en xeral. Deixades as que atopedes sobre a miña mesa ou como un comentario nesta entrada.

Un bico, vémonos á tarde.

No hay comentarios: