martes, 24 de febrero de 2009

Nos visitan!!!!!!!


O vindeiro venres 27 de febreiro, ás 20:30, no Salón de Usos Múltiples do IES de Viós teremos un invitado de luxo: o Xuiz Vázquez Taín. Falara das relacións entre a escola, a familia e a xusticia.

É unha charla aberta a todos/as os veciños/as de abegondo e aos que formades parte da comunidade escolar do IES de Vios.

lunes, 16 de febrero de 2009

Fragas do Eume

As "Fragas do Eume" é un parque natural galego creado no ano 1997 que abrangue 9126 ha. nas beiras do río Eume

A seleción natural


Hai 150 anos, o naturalista inglés Charles Darwin publicou o seu libro máis emblemático, titulado "A orixe das especies", qué é un resumo das súas observacións na viaxe que realizou por todo o mundo a bordo do barco HSM Beagle. En dito libro, Darwin postula unha idea revolucionaria en aquela época, que consistía en que as especies evolucionan ó longo do tempo. O proceso que fai evolucionar as especies é un mecanismo que Darwin denominou "selección natural" que, básicamente consiste en que as variacións existentes entre os indivíduos dunha mesma especie, provocan que a natureza tenda a favorecer a aqueles indivíduos que presentan as adaptacións máis favorables para as condiciós do medio, perxudicando, en cambio ós indivíduos portadores das adaptacións menos favorables. Dito mecanismo, repetido ó longo de milleiros de xeracións, provoca a evolución das especies, chegando como consecuencia, á aparición de especies novas. A teoría de Darwin foi moi controvertida no seu momento, pero finalmente foi aceptada pola comunidade científica e 150 anos despois segue considerándose válida, aínda que algúns investigadores neodarwinistas fixeron precisións e adaptacións posteriores.
Carlos profesor de Bioloxía

domingo, 15 de febrero de 2009

Recomendable para a fin de semana: Slumdog Millionaire

Dirección: Danny Boyle. País: Reino Unido. Año: 2008. Duración: 120 min. Género: Drama, romance. Interpretación: Dev Patel (Jamal Malik), Freida Pinto (Latika), Madhur Mittal (Salim), Anil Kapoor (Prem Kumar), Irrfan Khan (inspector de policía). Distribuidora: Filmax. Estreno en España: 13 Febrero 2009.



Sinopsis: Jamal Malik, un joven huérfano que vive en una barriada pobre de Bombay, decide presentarse a la versión india del concurso “¿Quién quiere ser millonario?”. Ante la sorpresa de todos, Jamal responde correctamente a todas y cada una de las preguntas. ¿Cómo es posible que un chico como él sea capaz de conocer todas las respuestas? Cuando Jamal está a punto de responder a la última pregunta, la que le hará ganar 20 millones de rupias, la policía lo detiene y se lo lleva para interrogarle. Jamal deberá explicar por qué conocía las respuestas, teniendo que recurrir para ello a relatar diferentes momentos de su vida, que además ayudarán a desvelar la verdadera razón de su participación en el concurso.

viernes, 6 de febrero de 2009

Como chove miudiño. Unha colaboración do Dpto. de Galego

Estes días non tan miudiño, chove forte e de xeito continuado. Pero os galegos estamos afeitos. Sabías que temos na nosa lingua máis de 40 nomes para a chuvia? Podemos distinguila por intensidade, se vai ou non acompañada de vento, se é continua ou cae de súpeto…

Por exemplo,a esa chuvia miúda da que fala Rosalía chamámoslle orballo, froallo, babuña, babuxa, barraña, barrufa ,barruñeira, marmaña, lapiñeira, patiñeira, zarzallo ou zarapallada.
Cando a chuvia é moi mesta, definímola con termos como poalla, poallo ou poalleira.
Se esa chuvia miúda é de pouca intensidade e duración tamén pode ser unha chuviñada ou chuvisca.
Se vén mesturada con néboa, empregamos barruzo,breca ou mera.
Para a chuvia intensa e súpeta pero de pouca duración temos termos como trebón, treboada, torbón ou torboada.
Pero se é unha precipitación forte, intensa e abundante, acompañada de vento dicimos chuvieira, chaparrada, chuvascada ou chuvasco.
Se o que cae é un trebón de auga moi fría ou neve miúda, daquela xa falamos de corisco, coriscada ou calistro.
Cando a chuvia vai acompañada de neve e de vento moi frío falamos de xistra, cifra, brea, cebra ou ciobra.
Para a chuvia torrencial temos outros nomes: bátega, bategada, ballón, enxurrada ou arroiada.
Nos días de chuvia continua á condensación de vapor de auga na atmosfera, chamámoslle zarracina.

…E moitos máis nomes que nos falan da riqueza da nosa lingua e tamén, evidentemente, da perseverante compañía da chuvia .E que non nos falte!

miércoles, 4 de febrero de 2009

A todos los enamorados/as

Os alumnos/as de 2º de Reforzo educativo deixan este video con posibilidade de que fagades as vosos comentarios e dedicatorias de amor.


lunes, 2 de febrero de 2009

A presión atmosférica


Denomínase presión atmosférica á presión debida ao peso do aire, que diminúe coa altitude dun lugar, xa que a maior altitude sobre o nivel do mar, menor capa de aire existe nesa zona.
A presión atmosférica non ten sempre o mesmo valor, senon que ten oscilacións, sendo un factor dos máis importantes para as previsións das condicións meteorolóxicas.
Para medila, utilízase un instrumento chamado barómetro, que ten unha escala graduada en milímetros de mercurio (mm Hg) ou en milibares (mb). O valor normal a nivel do mar é de 760 mm Hg ou 1 atmosfera (1 atm). Dito valor coincide coa posición vertical da agulla do barómetro, é dicir , có tempo variable. Valores maiores de 760 mm Hg indican tempo seco e anticiclónico, mentres que os valores inferiores a 760 mm Hg indican tempo de chuvia e borrasca, e mesmo temporal cando son moi baixos.
Na fotografía, podemos observar a indicación dun barómetro na cidade da Coruña o domingo 1 de febreiro de 2009 ás 9.00 h da mañá.

Carlos profesor de Ciencias da Natureza