lunes, 16 de febrero de 2009

A seleción natural


Hai 150 anos, o naturalista inglés Charles Darwin publicou o seu libro máis emblemático, titulado "A orixe das especies", qué é un resumo das súas observacións na viaxe que realizou por todo o mundo a bordo do barco HSM Beagle. En dito libro, Darwin postula unha idea revolucionaria en aquela época, que consistía en que as especies evolucionan ó longo do tempo. O proceso que fai evolucionar as especies é un mecanismo que Darwin denominou "selección natural" que, básicamente consiste en que as variacións existentes entre os indivíduos dunha mesma especie, provocan que a natureza tenda a favorecer a aqueles indivíduos que presentan as adaptacións máis favorables para as condiciós do medio, perxudicando, en cambio ós indivíduos portadores das adaptacións menos favorables. Dito mecanismo, repetido ó longo de milleiros de xeracións, provoca a evolución das especies, chegando como consecuencia, á aparición de especies novas. A teoría de Darwin foi moi controvertida no seu momento, pero finalmente foi aceptada pola comunidade científica e 150 anos despois segue considerándose válida, aínda que algúns investigadores neodarwinistas fixeron precisións e adaptacións posteriores.
Carlos profesor de Bioloxía

No hay comentarios: