domingo, 26 de abril de 2009

Concurso: Lingua para os bicos.


17 de Maio de 2009: Día das Letras Galegas e Día Internacional da Internet

CONCURSO DE MENSAXES EN DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO

Obxectivo:

Conquistar novos espazos de uso para o galego: internet, o correo electrónico e os
chats son espazos de comunicación nos que se emprega o castelán como lingua
habitual. Pretendemos con este concurso mudar este hábito e dinamizar o galego
nestes novos ámbitos.

Organiza:

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, a Biblioteca e o
Departamento de galego.

Bases:

A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou
en verso.

Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Ademais todas as
declaracións deberán ser inéditas.

As mensaxes deberán ser colgadas no apartado de "COMENTARIOS" desta entrada, identificándose con nome e apelidos.

O xurado estará composto polos membros dos departamentos convocantes do
concurso.

A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter
discriminatorio ou ofensivo.

O nome da persoa gañadora farase público no blog.

Establécese un único e doce premio.

viernes, 24 de abril de 2009

Viaxe a Cantabria e Asturias

Os días 13, 14 e 15 de abril os alumnos de 2º visitamos Asturias e Cantabria.
O primeiro día chagamos ao albergue a hora de comer. Pola tarde dirixímonos a Santander ao Palacio da Magdalena e ao Centro da cidade. Ao día seguinte levantámonos cedo e fomos ao Parque de Cabárceno, onde vimos moitos animais, e un biólogo falounos sobre a flora do parque. O que máis me gustou de este sitio foron os osos e a actuación dos leóns mariños. Despois de comer visitamos o pobo de Santillana. Un lugar moi turístico, con rúas empedradas, construcións medievais como a colexiata, de estilo románico. Alí tivemos algún tempo libre. Antes tamén estivemos nas covas de Altamira, onde nos ensinaron e explicaron as pinturas rupestres da cova. Predominan os bisontes, aínda que tamén había cabalos e cervos. Había mans de nenos, símbolos representados. Pintaban con carbón, ocre, .......
O terceiro día xa marchamos pola mañá do albergue para ir á Cova del Soplao. Alí tamén nos explicaron como se forman as estalagmitas e as estalactitas e os minerais dos que se compoñen. Pola tarde o último museo visitado foi o da minería do Entrego, en Asturias, un dos lugares que máis entretido me pareceu. O monitor foinos explicando as diferentes partes dunha mina e os diferentes procesos que se levan a cabo nela. Tivemos que pasar polos lugares polos que os miineiros se trasladaban dun lugar oa outro.
Pareceume unha excursión educativa e divertida.

Tania de 2º A

jueves, 23 de abril de 2009

Día do Libro na FNAC

Dia do libro FNAC
Pica sobre a foto para ver o album

Día do Libro

DÍA DEL LIBRO

Los alumnos de 2º celebraron así el día del libro.

Conmemoramos
El día del libro
Recordando a un
Valiente personaje,
Amigo de Sancho Panza,
Noble e ingenioso hidalgo,
Tenaz y perseverante.
Empuñando con talento su espada,
Supo hacer justicia sin cordura.
Patricia Abuelo

Celebramos
El 23 de abril
Rememorando
Valiosos e ilustres escritores.
Autores fascinantes,
Nobles hombres de arte,
Talentos enriquecedores;
Excelentes paladines de
Sentimientos inolvidables.
Valeria Mamaliga

Quién es ese hombre,
Único caballero andante.
Insigne soñador,
Justo con los indefensos.
Oh, bella Dulcinea,
Tienes tú la
Esperada respuesta.
Mirian Méndez

Romance imposible,
Odio entre dos linajes,
Miradas cómplices de amantes.
Escapando de la ira,
Ocultan su amor.
Y surgió la desgracia…
Juntos quieren estar,
Uno al lado del otro.
Lloran su dolor,
Intentan ser felices.
Enamorados locamente,
Traman como salida
Acabar con sus vidas.
Mirian Méndez y Jéssica Orgueira

Garcilaso,
Alabado poeta,
Ruge de agonía
Cuando percibe
Inquietante y
Longeva
Abstinencia en
Su obra, por algunos
Olvidada.
Jaime García

Protagonistas de
Obras completas.
Envoltura de
Miradas y sentimientos.
Aútenticos
Suspiros de amor.
Diego Vázquez

Libros, útiles
Impregnados en sabiduría,
Brotes de conocimiento.
Rodando en el mundo,
Ocultos entre páginas,
Susurran emoción y fantasía.
Ángel Vicos

miércoles, 22 de abril de 2009

Curisidades de Animais (Abril). O raposo


Para escorrentalo raposo emprégase a seguinte fórmula:

Arrapa, raposa
avanta no toxo!!!
e deixa a galiña
da miña veciña
que ten dou pitiños
que quedan orfiños.
Arrapa, arrapa,
que a dona te atrapa
e bótache os cás
correndo detrás.

Outra formula para que o raposo fuxa tamén é berrarlle a grandes voces "Ah, Perico!!!!!"

Una colaboración de Antonio Fiaño (Reforzo educativo de 2º B)

martes, 21 de abril de 2009

Día da Terra



Este vídeo é unha invitación a reflexión sobre a situación a que pode chegar noso Planeta e o que podemos facer para evitalo

lunes, 20 de abril de 2009

22 de Abril. Día mundial da Terra


Esta data foi promovida polo senador norteamericano Gaylord Nelson e celebrada por primeira vez no ano 1970. Dito senador conseguíu concienciar dos problemas ambientais do planeta tanto a políticos, como a medios de comunicación e á poboación en xeral. Actualmente, a Terra está exposta a graves problemas, tales como: superpoboación, desertificación, destrucción de hábitats naturais, escaseza de auga, contaminación, etc. Debido a todos éstes problemas, é necesario recordar á poboación mundial a necesidade de loitar contra eles mediante actos que se levan a cabo nesta data en todo o mundo.
Carlos.

sábado, 18 de abril de 2009

Outra forma de recordar que temos que mirar un pouco por ela


http://www.correomagico.com/ecards/diadela_tierra.asp

Nesta páxina podedes atopar postais dixitais para reenviarlles aos vosos amigos/as o día 22 de Abril.

Animádevos!!!!

domingo, 12 de abril de 2009

lunes, 6 de abril de 2009

jueves, 2 de abril de 2009

7 de abril. Día mundial da saúde


Nesta data, celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Saúde, que é conmemorado con distintos actos. En concreto, para este ano 2009, a conmemoración vai orientada á seguridade nos hospitais e centros de saúde, así como á preparación do personal sanitario. A Organización Mundial da Saúde (OMS) aproveita esta data para sensibilizar á opinión pública, así como ás distintas Administracións Públicas, sobre as necesidades sanitarias a nivel mundial. Obxectivos tales como reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, erradicar a pobreza extrema e a fame no mundo, combatir a sida, o paludismo e outras enfermidades, figuran entre as prioridades da OMS que son recordadas e reivindicadas nesta data.
Carlos.

Doazón de Sangue en Abegondo.


Mércores 8 de abril: Campaña doazón sangue Abegondo.Concello de 10 a 14 e de 16 a 21 horas