viernes, 1 de mayo de 2009

Viaxe a Cantabria

Os alumnos de 2º realizamos unha viaxe a Cantabria os días 13, 14 e 15 de abril; aínda que o principal destino era o Parque Natural de Cabárceno,visitamos tamén outros lugares interesantes.
Partimos do Concello ás 7:00 horas, moi ilusionados. A primeira parada fixémola en Mondoñedo, coa fin de almorzar; e a segunda, en Villaviciosa para estirar un pouco as pernas, pois a viaxe foi un pouco longa.
Chegamos ao albergue para xantar, aproximadamente ás 13:30 horas. Recibiunos Vanessa, que ía ser a nosa guía durante a estancia. Despois de acomodar a equipaxe e facer as camas, saímos do albergue dirección Santander.Visitamos a Península da Magdalena, onde destaca o Palacio, antiga residencia de verán dos avós do Rei, agora destinado á celebración de actos sociais importantes. Como curiosidade destacan as súas 365 ventás. Paseamos polo Sardinero e tivemos tempo libre para facer compras. Regresamos ao albergue sobre as 20:00 horas. Despois de cear, a guía qrganizou un karaoke; cantamos e nos divertimos moito. Esta noite os que durmiron tiveron sorte.
Por fin chegou o día máis emocionante: o Parque Natural de Cabárceno. Foi alucinante. A primeira actividade consistiu en ver un documental sobre a ameaza que sufre o noso Planeta a causa da neglixencia humana. Concretamente no Parque morreu unha cría de elefante por inxerir unha bolsa de plástico. Logo fixemos unha ruta cun especialista en Botánica que nos explicou curiosidades moi interesantes dalgunhas árbores e arbustos da zona. Como chovía bastante suspendeuse parte da mesma.Vimos tamén un espéctaculo protagonizado por leóns mariños, o reptilario e unha longa variedade de animais.
Pola tarde fomos á Neocova de Altamira, unha réplica da aútentica cova, pechada ao público por motivos de seguridade e deterioro. Só abre as súas portas a investigadores e ciéntificos. Despois dirixímonos a Santillana del Mar, unha vila medieval que conserva as súas rúas empedradas. O monumento máis emblématico é a Colexiata, custodiada por un león e unha leoa. Conta a lenda que se queres ter sorte, debes tocar a parte na que se diferencian; e non é precisamente na melena. Voltamos ao albergue co tempo xusto para cear e recuperar forzas para disfrutar do guateque que nos esperaba a continuación. Bailamos a pracer, eso sí, algúns con máis gracia que outros. Esta noite era a última e había que disfrutar. Quedamos durmidos de madrugada. O peor foi erguerse ao día seguinte, pois de non ser por Herminia que tocou diana , algunhas quedabamos alí.
Así chegamos ao último día da viaxe. Despois de lavar a cara coma os gatos, preparamos a equipaxe de présa e correndo e iniciamos a volta a casa; non sen antes deixar aos rapaces tirar unha foto coas girls e darlles uns kisses de despedida. Paramos nas covas de El Soplao, onde comprobamos a acción da auga na formación de estalactitas e estalagmitas. Son impresiontes, merece a pena a súa visita. A última parada fixémola en Mieres (Asturias) no Museo da Minería, onde baixamos a unha mina cun guía que nos fixo sentir o durísimo traballo dos mineiros, levándonos por tramos verdadeiramente difíciles. Algún non as levaba todas consigo …
Sobre as 21 horas, gracias ao bo facer do noso piloto (Manolo Alonso Miranda), chegamos a Abegondo moi cansos, pero felices. Ao día seguinte permitíronos quedar na casa para recuperar forzas.
Esta excursión foi unha aventura que ninguén de nós olvidará. Parabéns para as profesoras que nos acompañaron.


Alumnado de 2º B

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ola este ano
xa vou a
viooosssss

iuujuuu

Anónimo dijo...

non e para tanto
faime caso