lunes, 15 de junio de 2009

Día 17 de Xunio. Día mundial contra a desertificación e a seca


A data do 17 de xunio foi escollida pola Asamblea Xeral da ONU no ano 1994, para concienciar á poboación mundial sobre o problema da desertificación, que afecta a máis dun cento de países e supón a perda anual de varios millóns de hectáreas en todo o planeta. As principais causas orixinantes deste gran problema, son: a explotación desmesurada dos acuíferos, os incendios forestais, a tala masiva de árbores, a sobreexplotación turística das zonas costeiras e a actividade industrial, entre outras.
Carlos.

miércoles, 10 de junio de 2009

Musica que respecta o medio ambiente

No sehguinte enlace aos 40 principales podedes atopar enlaces a temas musicais que reinvindican o coidado e o respecto ao medio ambiente.


http://www.los40.com/player/radio/medio-ambiente/91/

Refráns do mes de Xuño.

Unha colaboración de Fátima Valeria de 2º B.

Bo tempo en xuño, verán seguro.

Esparragos de abril paramín; os de maio para o amo e os de xuño para o burro.

Ata o 40 de maio non te quites o saio e se volve a chover, volveo a poñer.

Por xuño, a moita calor nonca asusta ao labrador.

martes, 2 de junio de 2009

Gañadores do concurso "Lingua para os bicos"




O pasado xoves, coincidindo coa clausura das actividades do Club de Lectura, foron entregados os premios ao concurso "Lingua para os bicos"organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, o Departamento de Galego e as profes responsables da Biblioteca.

A ampla participación do alumnado ocasionou que o xurado non tivera moi doado tomar unha decisión así que entregaron tres premios aos seguintes alumnos/as:

JAIME TUDÓ de 1º A

CARLOS BARALLOBRE de 3ºA

SIRA SANCHEZ de 4º (Sira, non te queixes que non publiquei a túa foto!!!. Debesme unha.)

Os meus parabens ás organizadoras do concurso e as profes da Biblioteca por todas as actividades de dinamización que realizastes durante este curso.

lunes, 1 de junio de 2009

5 De xunio: Día mundial do Medio Ambiente

O día mundial do medio ambiente é unha data conmemorada polas Nacións Unidas desde o ano 1972. Pretende motivar á poboación mundial sobre os temas ambientais de tal xeito que cambien as actitudes, tanto a nivel individual, como colectivo sobre o cuidado e conservación do medio ambiente, e que as distintas administracións públicas(locais,autonómicas, estatais, etc.) adopten medidas que potencien ditas actitudes.

Carlos.