viernes, 25 de septiembre de 2009

Charla sobre a Gripe A



Onte día 24 estivo no noso centro a Dª Laura Calvo Quintela médico do Centro de Saúde de Abegondo para impartir unha charla informativa sobre a Gripe A. Os destinatarios fomos os alumnos e profesores do Instituto.

As súas explicacións foron claras e fixo fincapé nas medidas preventivas, sobre todo de hixiene e no xeito como deberemos actuar no caso de presentar síntomas desta enfirmidade.

Dende o Instituto agradecemoslle a súa colaboración xa que entendemos que a información que nos aportou redundará en beneficio de toda a comunidade educativa.