miércoles, 16 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS !!!!!!!


Os alumnos de 2ºB aproveitan o poster que fixeron para o magosto e con imaxinación e un pouco de "reciclaxe" felicítannos as festas a todos.

Aforra auga

sábado, 12 de diciembre de 2009

Gañadores concursos de fotografía "Cada traballo un mundo"





PREMIO A MELLOR COLECCIÓN:
INÉS RODRÍGUEZ CAÑÁS POR "FERREIROS"
PREMIO A MELLOR FOTO:
LUCÍA GÁNDARA FARIÑA POR "FERRADOR"

miércoles, 9 de diciembre de 2009

As enerxías renovables



Agora que tanto se fala de sostibilidade, debemos considerar as enerxías renovables como un factor importante para conseguila. Ditas enerxía producen un menor impacto nos ecosistemas que as convencionais, xa que se producen a unha velocidade maior da velocidade coa que se consumen, polo que se pode facer un uso continuado das mesmas; é dicir, un uso "sostible". Por outra banda, xeran menos resíduos que as enerxías convencionais, tales como o petróleo e os seus derivados, xa que utilizan fontes máis limpas. Ademáis, non producen dióxido de carbono, polo que non aumentan o efecto invernadoiro. As principais enerxías renovables, son: a eólica, a biomasa, a hidráulica, a solar, a xeotérmica e a mariña. Carlos.