jueves, 9 de diciembre de 2010

Exposición:Cambio climático


Exposición composta por 19 paneis e o audivisual "cambio climático: o reto do século XXI"
A través dela preténdese dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias. Ademáis intenta estimular a reflexión e participación propoñendo accións positivas que fomenten fomenten un desenvolvemento sostible.
Esta exposición, un préstamo do CEIDA de Oleiros, estará no noso centro ata o próximo día 22 de Nadal.

lunes, 15 de noviembre de 2010

V Concurso de fotografía IES de Vios





PLANTAS E ANIMAIS NOS
ENCOROS DE ABEGONDO
Coma todos os outonos convocamos o noso concurso fotográfico sobre Medio Ambiente. Varios alumnos/as xa están a participar e presentaron fotos coma as que temos na parte superior.
O prazo remata o día 2 de decembro e dende aquí quero animarvos a que ven xexa con cámaras ou con móviles, plasmedes a gran biodiversidade e a beleza que hai en Cecebre e en Veche.

sábado, 22 de mayo de 2010

O xurés. Reserva da Biosfera

24 de maio. Día europeo dos Parques Naturais


Celébrase esta datadesde o ano 1999, promovida pola Ferderación EUROPARC, creada en 1973 3 que a organizacións de toda Europa.

Tamén en España a Federación EUROPARC organiza diversas actividades para celebrar esta efemérides, animando ás organizacións ambientalistas e ecoloxistas a divulgalas.

Neste ano 2010, o lema escollido é: "A biodiversidade e as persoas nos espacios naturais protexidos"

Carlos

lunes, 10 de mayo de 2010



Os días 28, 29 e 30 do pasado mes de abril os alumnos/as de 2º de ESO realizaron unha vaixe a Asturias e Cantabrias.
Esta saída foi organizada polos departamentos de C. Sociais e C. Naturais e entre as catividades desenvolvidas están:
Visitas a Altamira, Cuevas de Tito Bustillo, Santillana dle Mar, Parque de Cabárceno, Cuevas del Soplao, Museo de la Minería, Cuevas de Tito Bustillo, Santander, ........
Neste blog tedes a oportunidade de facernos partícipes das vosas experiencias nesta viaxe e tamén de facernos chegar suxestións para poder mellorar de cara a anos posteriores.

domingo, 9 de mayo de 2010

O volcán islandés Eyjafialla

OCEANOS




Dcumental impresionante e maravilloso sobre a vida que estes días está nos nosos cines. Se tes ocasión non duvides en velo.

martes, 20 de abril de 2010

lunes, 19 de abril de 2010

22 de Abril. Día mundial da terra


O día mundial da Terra celébrase desde o 22 de Abril de 1970, gracias ó senador norteamericano Gaylord Nelson, que promoveu numerosas accións para concienciar a poboación do seu país da importancia de preservar os recursos naturais da Terra.
A pesares da toma de conciencia mundial que supuxo a primeira celebración mundial desta data, nos 40 anos transcurridos desde entón o deterioro da Terra non fixo máis que aumentar, debido a influencia humana, producindo contaminación dos ecosistemas, deforestación da biodiversidade, ect.
Polo tanto, nesta data debemos renovar o noso compromiso individual e tamén colectivo (incluindo todo tipo de Administracións públicas) coa conservación do noso planeta.
Carlos

martes, 6 de abril de 2010

7 de Abril: Día Mundial da Saúde


Este ano 2010 o Día Mundial da Saúde está adicado ao urbanismo e a saúde; é decir, á relación entre a saúde das persoas e o entorno no que viven, tratando de potenciar accións que convirtan as cidades en lugares máis habitables.
Así a planificación das cidades, debe estimular a saúde das persoas que viven nels, así como a súa seguridade.
O lema escollido para este ano 2010 é: "Mil cidades, mil vidas", referíndose con "mil cidades" ao feito de abrir espazos públicos á saúde, tales como exercicios ao aire libre, reunións cidadáns en prazas e rúas, campañasde limpeza, etc. Con "mil vidas" reunir mil relatos persoais de promotores da saúde urbana. Na semana do 7 ao 11 de Abril, haberá catividades relacionadas coa promoción da saúde en todo o mundo.
Carlos

lunes, 29 de marzo de 2010

O Universo

http://www.youtube.com/watch?v=17jymDn0W6U&feature=player_embedded

Picando neste enlace verás unhas imaxes impresionantes

lunes, 22 de marzo de 2010

Dia 23 de Marzo. Día meteolóxico mundial


A organización meteorolóxica mundial(OMM) celebra cada 23 de Marzo o día Meteorolóxico Mundial, conmemorando a entrada en vigor, no ano 1950 do Convenio polo que se formou a OMM. Segundo a OMM as estadísticas demostran que cada vez son máis as persoas afectadas por catástrofes meteorolóxicas e climáticas.
Este ano 2010 o lema é " 60 anos ao servicio da súa seguridade e benestar"
Carlos

Día 22 de Marzo. Día Mundial da Auga

O dá 22 de Marzo foi declarado pola UNESCO anoMUNDIAL da auga no 1993. Desde entón cada 22 de marzo celébraanse, en todo o mundo diversas activadades, tales como exposicións, conferencias, mesas redondas,ect.
En 2010 a ONU dedica o 22 a calidade da auga facendo fincapé en que na xestión dos recursos hídricos é tan importante a clidade como a cantidade. Así o día Mundial da AUGA 2010 ten os seguintes obxetivos:
Concienciar a población mundial da importancia de manter os ecosistemas sanos, tendo en conta acalidade da auga para cumprir este obxectivo.
Pedir a todas as administracóns públicas mundiais , así como a poboación , en xeral, actuacións preventivas en relación coa calidade da auga evitando a súa contaminación e favorecendo a súa limpeza e e rehabilitación.

Carlos

miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de Marzo. Día Forestal Mundial




O día 21 de Marzo foi elixido no ano 1971 como Día Forestal Mundial pola FAO. Nesta data, téntase de remarcar a importancia dos bosques como sustento da vida e da biodiversidade na Terra e como "pulmóns" do noso planeta.
Os bosques, proporcionan alimento, osíxeno e auga, ademáis de protexer o solo.; polo tanto, son fundamentais a nivel global, no desenvolvemento sostible do planeta.
A pesares diso, considérase que máis das tres cuartas partes dos bosques orixinais da Terra, foron desaparecendo debido á actividade do home, e os bosques que quedan na actualidade, están ameazados tamén por distintas actividades tales como: deforestación, contaminación, cambio climático, onstrucción de estradas, etc.
Polo tanto, todas as actividades realizadas nesta data, a nivel mundial, para conmemorar o Día Forestal Mundial, deben concienciarnos da enorme importancia dos bosques para a supervivencia do planeta e de todas as especies que viven nel, incluíndonos a nos.
Carlos.

jueves, 11 de marzo de 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010

Exposición sobre o Prestige



Dende o día 10 de marzo ata o 25 de marzo no Instituto de Vios aberta o todo o público.

As imaxes dun desastre ecolóxico que nunca máis deberían repetirse.

jueves, 4 de febrero de 2010

Os residuos nucleares



As centrais nucleares, xa sexan de fusión (máis antigas) ou de fisión, utilizan como combustible isótopos radiactivos de dous elementos químicos, que son o uranio e o plutonio. Ademáis das centrales nucleares, existen outros usos dos isótopos radiactivos, tales como investigacións e usos médicos.
En todos os usos de isótopos radiactivos, se prodúcen resíduos que deben ser almacenados de forma axeitada, problema que causa moitas controversias veciñais e ata políticas actualmente.
O problema dos resíduos nucleares reside en que teñen un período de actividade moi longo, que oscila dende varios centos de anos, para os de menor actividade, ata miles de anos para os de maior actividade, polo que deben ser almacenados en lugares suficientemente protexidos de calquera tipo de fugas ou accidentes.
Polo tanto, se temos en conta que todas as demáis formas de enerxía, tanto renovables como non renovables, non son suficientes para cubrir as grandes necesidades enerxéticas dos países desenvolvidos, haberá que admitir os “cemiterios nucleares” como unha consecuencia inevitable do uso da enerxía nuclear.

Carlos.

viernes, 22 de enero de 2010

Dereito ao delirio

Eduardo Galeano recórdanos con este vídeo que podemos soñar un mundo onde se respeten os dereitos de todos e onde o home viva en concordia coa Natureza.

martes, 19 de enero de 2010

Ano mundial da biodiversidade


As nacións Unidas declarou o ano 2010 como " Ano internacional da biodiversidade" Ao longo do mesmo as distintas campañas que promova terán como obxecto sensibilizar a toda a sociedade sobre a importancia de todas e cada unha das especies que hai no noso planeta e fomentar accións directas por parte das institucións, organizacións e público en xeral para reducir a constante perda de biodiversidade.

O slogan "A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida" recórdanos que os seres humanos formamos parte da gran variedade de vida que hai na Terra. Que a biodiversidade sustenta e proporciona saúde, benestar, alimento ..... Que a actividade humana causa perda de biodiversidade o que leva a un empobrecemento para todos.