martes, 19 de enero de 2010

Ano mundial da biodiversidade


As nacións Unidas declarou o ano 2010 como " Ano internacional da biodiversidade" Ao longo do mesmo as distintas campañas que promova terán como obxecto sensibilizar a toda a sociedade sobre a importancia de todas e cada unha das especies que hai no noso planeta e fomentar accións directas por parte das institucións, organizacións e público en xeral para reducir a constante perda de biodiversidade.

O slogan "A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida" recórdanos que os seres humanos formamos parte da gran variedade de vida que hai na Terra. Que a biodiversidade sustenta e proporciona saúde, benestar, alimento ..... Que a actividade humana causa perda de biodiversidade o que leva a un empobrecemento para todos.



No hay comentarios: