miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de Marzo. Día Forestal Mundial




O día 21 de Marzo foi elixido no ano 1971 como Día Forestal Mundial pola FAO. Nesta data, téntase de remarcar a importancia dos bosques como sustento da vida e da biodiversidade na Terra e como "pulmóns" do noso planeta.
Os bosques, proporcionan alimento, osíxeno e auga, ademáis de protexer o solo.; polo tanto, son fundamentais a nivel global, no desenvolvemento sostible do planeta.
A pesares diso, considérase que máis das tres cuartas partes dos bosques orixinais da Terra, foron desaparecendo debido á actividade do home, e os bosques que quedan na actualidade, están ameazados tamén por distintas actividades tales como: deforestación, contaminación, cambio climático, onstrucción de estradas, etc.
Polo tanto, todas as actividades realizadas nesta data, a nivel mundial, para conmemorar o Día Forestal Mundial, deben concienciarnos da enorme importancia dos bosques para a supervivencia do planeta e de todas as especies que viven nel, incluíndonos a nos.
Carlos.

3 comentarios:

Aida MÑarta Nere e Lidia dijo...

Holaa :D
¿¿q taL??
¡¡Gustans moito a idea d q fagdes un homenaxe ao do prestish!!
Porque así,demostramos todos que nos preocupa moito polo tema!!a nos preocupanos moito o medio ambiente e aparte diso non nos gusta q se contamine!!
¡¡O noso futuro depende do presente!!

Recordos e...algo d bicos de parte de:

Aida,Marta,Nere e Lidia

Villar Fer Alex Kamba dijo...

Parecenos moi inxusto o do prestige, e as mortes de animais inocentes.

un saudo

Carla 1ºB dijo...

Paréceme moi ben que a exposición teña como tema o afundimento do prestige porque foi unha desgracia que marcou moito a Galicia, e o vídeo gustoume moito.