
A alimentación é un dereito humano básico. Todas as persoas deben ter acceso a alimentos sanos, nutritivos e culturalmente apropiados, en cantidade e calidade suficientes para levar unha vida sana.
A información sobre productos alimentarios é de vital importancia. Os alimentos son productos atados intimamente co Medio Ambiente.
A agricultura e a gandería son actividades que repercuten directamente no entorno, polo que os modelos de producción agrícola e gandeira deben respetar á Natureza para acadar unha alimentación sostible.
Gran cantidade de productos alimenticios que mercamos diariamente, precisan moita enerxía ben para a súa producción, ben para o seu transporte.
Debemos optar por unha alimentación sostible, unha acción ambiental ao alcance de todos:
- Priorizando a compra de alimentos cultivados o máis perto posible ( aforro en transporte)
- Escollendo froitas e verduras do tempo ( menos custes enerxéticos )
- Buscando productos ecolóxicos ( sen praguicidas nin fertilizantes e polo tanto respetuosos co entorno )
- Comendo máis verduras, froitas e cereais ( mellor para a túa saúde )