Mostrando entradas con la etiqueta espazos naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta espazos naturais. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de mayo de 2010

O xurés. Reserva da Biosfera

24 de maio. Día europeo dos Parques Naturais


Celébrase esta datadesde o ano 1999, promovida pola Ferderación EUROPARC, creada en 1973 3 que a organizacións de toda Europa.

Tamén en España a Federación EUROPARC organiza diversas actividades para celebrar esta efemérides, animando ás organizacións ambientalistas e ecoloxistas a divulgalas.

Neste ano 2010, o lema escollido é: "A biodiversidade e as persoas nos espacios naturais protexidos"

Carlos

viernes, 2 de octubre de 2009

lunes, 16 de febrero de 2009

Fragas do Eume

As "Fragas do Eume" é un parque natural galego creado no ano 1997 que abrangue 9126 ha. nas beiras do río Eume

martes, 27 de mayo de 2008

FRAGAS DO EUME


Aquí vos deixo estas tres imaxes das Fragas do Eume. Este ecosistema forma parte da rede de Parques Naturais de Galicia. Está situado ás beiras do río Eume.
Un bosque Atlántico de carballos, castiñeiros, freixos,... enche de frondosidade as ladeiras do val. En medio desta vexetación vive unha abondosa e heteroxénea fauna.
As imaxes corresponden a: Bosque Atlántico, Bufo Pequeno e Píntega

viernes, 23 de mayo de 2008

24 de Maio. Día europeo dos Parques Naturais

A Rede de Parques Naturais de Galicia foi creada en Xulio de 2007 e se encontra formada por seis parques: Fragas do Eume, Corrubedo, Baixa Limia-Serra do Xurés, Enciña da Lastra, Monte Aloia e O Invernadoiro.

A superficie total supera as 46000 hectáreas, estando previsto incluir nesta Rede a: Os Ancares, O courel, A Serra do Macizo Central e A Pena Trevinca.
Nos Parques Naturais, a xestión depende das Consellerías de Medio Ambiente das respectivas Comunidades Autónomas, mentres que nos Parques Nacionais (dos cales hai un só en Galicia, o Parque das Illas Atlánticas) a xestión depende do Ministerio de Medio Ambiente do Goberno Central.

Existen, ademáis, outras categorías de espacios naturais, tales como as Reservas da Biosfera e a Rede Natura 2000, cada unha das cales, debe reunir unhas condicións determinadas.

En todo caso, o verdadeiramente importante, independentemente da clasificación administrativa en que se inclúa a un determinado espacio natural é o seu coidado e disfrute polos visitantes.

Carlos.

martes, 29 de abril de 2008

A Antártida

http://docs.google.com/Presentation?docid=dd4gtngv_50fh72mxfn&hl=en

Fermosas e espectaculares imaxes que nos aporta Montse

martes, 18 de marzo de 2008

Publicación de Xardíns das Mariñas

A Asociación G.A.L. Terra das Mariñas e a Fundación Juana de Vega acaban de editar un fermoso libro Xardíns das Mariñas de autoría de Jesús A. Sánchez García.
Parabéns pola iniciativa e polo resultado: un libro moi atractivo co que poderemos coñecer boa parte dos xardíns históricos da comarca das Mariñas, espazos singulares ata agora ocultos ao público, pero que forman parte do noso patrimonio paisaxístico e como tal, deberiamos coñecer, valorar e conservar.
A xeito de catálogo, o libro aporta datos históricos sobre a creación dos xardíns, descrición das características formais de cada un, especies botánicas singulares, estado actual de conservación e unha magnífica galería fotográfica.
Disfrutade da posibilidade de entrar nestes xardíns históricos, a maior parte deles en pazos de propiedade privada, e de apreciar a súa riqueza e variedade.

Colaboración de Teresa Fernández

miércoles, 23 de enero de 2008

FRAGA DE CECEBRE. "O BOSQUE ANIMADO"

Asfixiada por casas, estradas, autoestrada e embalse, apenas queda un pequeno curruncho da que foi a frondosa Fraga de Cecebre.Reducida a súa mínima expresión aínda conserva a maxia suficiente para ser fonte de inspiración e reanimar o mundo máxico das árbores, das meigas, das ánimas, ..... , como no seu dia o fixo co xenial escritor Wenceslao Fernández Flores que se inspirou nesta fraga para escribir a novela " O bosque animado"
Para que vos animedes a visitar a fraga deixo esta imaxe e para que vos animedas a lectura dista novela, un pequeno párrafo no que fala sobre as árbores.
O BOSQUE ANIMADO
As árbores teñen as súas loitas. As maiores asombran ás pequenas, que crecen entón con présa para facerse axiña donas da súa racción de sol, e, ao esparexar as raíces baixo a terra, hai algunhas quizais demasiado cobizosas que estorban ás demáis no seu lexítimo empeño de alimentarse. Pero, entre todos os seres vivos da fraga, son os máis pacíficos, os máis bondadosos, os que posúen unha alma máis sinxela e inxenua.. Convén saber que carecen absolutamente de vanidade. Nacen en calquera parte, ignoran que, só polo feito de crecer alí aquel lugar queda embelecido. Non se aburren nunca, porque non miran á terra, senón ao ceo, e o ceo cambia tanto segundo as horas e segundo oa nubes, que xamáis é igual a si mesmo. Cando os homes buscan a diversidade, viaxan. As árbores satisfán ise afán sen moverse. É a diversidade a que se avén a pasar sobre as súas copas.
Elas son tamén a diversidade. Como queira que se agrupen, sempre forman un conxunto harmonioso, e ata as que nacen illadas na campiña ou sobre os outeiros parecen ter unha profunda significación que emociona o espíritu. Se os troncos son rectos impresiona a súa esbelteza; se tortos e atormentados, non deixa de haber neles unha suxeridora beleza, algo que os humaniza ante os nosos ollos. Segundo avanzamos por un bosque, a aliñeación das súas árbores, o perfil da ramaxe, o artesonado das follas cambia e o panorama renóvase incesantemente con perspectivas en que as formas se conxugan en modos infinitos, como os homes non acertaron a conseguir nin no máis complicado e fastuoso dos bailes.


domingo, 20 de enero de 2008

CARBALLEIRAS

O carballo é unha árbore emblemática en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento. Durante moito tempo as carballeiras abasteceron de materiais de construción e combustible ós habitantes do medio rural galego.
Nelas é onde se facían as festas populares, con chantares, viño, chistes, músicas de gaitas, bombos e pandeiros, bailes, namoramentos, .......
Hoxe en día seguen sendo un valioso elemento do patrimonio natural de Galicia. A súa riqueza forestal cumpre engadir o seu valor ecolóxico e a súa beleza.

domingo, 16 de diciembre de 2007

ESPAZOS A SUSTENTAR



Ríos, lagoas, bosques, montes, zonas costeiras, ...... .
Toda unha serie de ecosistemas espallados polo noso país que conforman unha grande biodiversidade.
Só un desenvolvemento sostible destas zonas pode garantir o seu futuro.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Embalse de Cecebre

lunes, 10 de diciembre de 2007

O valor da auga


É o compoñente máis abundante na superficie da Terra, a parte constituinte de todos os organismos vivos e aparece en compostos naturais. Os conceptos de auga e vida son inseparables, pero a auga vai máis alá do seu valor como patrimonio natural e ecolóxico, a través dos ríos e as súas concas posúe tamén un valor cultural, xa que ó carón das beiras foise xerando ao longo dos séculos un legado histórico e etnográfico que forma parte da identidade de povos e comarcas. A imaxen é do MUIÑO de VIOS