Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de junio de 2008

Unha colaboración de Cultura Clásica de cara ao verán

Agora que chegan as vacacións pode ser unha boa idea coñecer o que nos deixaron os romanos. Sería estupendo poder ir a Roma, Pompeia... pero se non é posible, podemos visitar a Torre de Hércules, a muralla de Lugo, o acueduto de Segovia, o teatro de Mérida, as vías romanas, as pontes... e incluso ir a festas do ARDE LUCUS do 20-22 de xuño en LugoMarcia e mais Alejandro convídannos a coñecer o espectacular legado dos romanos; un legado que chega aos nosos días, en ocasións, en perfectas condicións e que nos transmite a grandeza do pensamento e o saber romano. Sexamos un pouco romanos e coidemos costumes como conversar, respetemos os códigos civís, aos nosos maiores, manteñamos o corpo e a mente sana e, COIDEMOS E CONSTRUAMOS UN ENTORNO HARMONIOSO, FUNCIONAL, E DE GRAN BELEZA.Desexámosvos unhas boas vacacións e recordade que todos debemos coidar os sitios que visitemos como se fosen os nosos rincóns preferidos. Todos somos responsables da beleza e o coidado do planeta!!

http://docs.google.com/Presentation?docid=dd4gtngv_112ffhjjwgt&hl=en

http://docs.google.com/Presentation?docid=dd4gtngv_126d2mxd6cf&hl=en

miércoles, 4 de junio de 2008

Os nosos alumnos/as de 4º marchan a Salou

O vindeiro xoves 12 de Xuño os alumnos/as de 4º da ESO marchan a Salou de viaxe Fin de curso. Esta localidade e outras moitas costeiras son o destino elexido pola maioría dos xoves para disfrutar dunha excursión inesquecibel así como por moitos españois e extranxeiros co obxecto de disfrutar das praias e doutros servizos cos que contan ditas localidades adicadas ao ocio e disfrute tal e como o entende moita xente (discotecas, parques recreativos,...)


O turismo converteuse no sustento económico de moitas poboacións pero poderían estar pagando un alto prezo: non podemos vivir ao marxen da cementación incontrolada das costas, do ruído xenerado por tantos visitantes e os seus medios de transporte, da cantidade de residuos xenerados, da pérdida de identidade dalgúns pobos,etc.

Pero todo ten ventaxas e inconvenientes: o turismo da riqueza a unha poboación, permite coñecer xente e costumes doutras culturas, etc.

Deixamos esta entrada para que comentedes como podemos equilibrar a balanza, como podemos lograr un turismo sostible, ecolóxico. Podedes tamén utilizar a enquisa para valorar se Galicia é unha comunidade cun turismo sostible

Nótase que tamén os profes estamos precisando as vacacións, verdade?????.