Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de abril de 2009

Curisidades de Animais (Abril). O raposo


Para escorrentalo raposo emprégase a seguinte fórmula:

Arrapa, raposa
avanta no toxo!!!
e deixa a galiña
da miña veciña
que ten dou pitiños
que quedan orfiños.
Arrapa, arrapa,
que a dona te atrapa
e bótache os cás
correndo detrás.

Outra formula para que o raposo fuxa tamén é berrarlle a grandes voces "Ah, Perico!!!!!"

Una colaboración de Antonio Fiaño (Reforzo educativo de 2º B)

martes, 20 de enero de 2009

Curiosidades animais Xaneiro 2009: Por Antonio Fiaño e Sebastian Mosquera

O XABARÍN

Algunhas curisidades sobre este animal que todos coñecemos poderían ser:

As crias chámanse rallóns, polo pelaxe que presentan durante os seis primeiros meses de vida. De adultos xa son "verracos"

Gústalles revolcarse no barro xa que estes baños desparasitan.

Aliméntanse de todo pero o que mais lles gusta son os vexetais de estación.

Os seus colmillos son autenticas navallas. O tamaño destes é un dos sistemas que se pode utilizar para calcular a súa idade

sábado, 22 de noviembre de 2008

Curiosidades animais Novembro 2008: Por José Corral

O Peixe Coitelo

Pobladores de augas tranquilas de África e de Asia, moitas veces encoradas, con abundante vexetación e madeira morta. Estes peixes andan dun lado para outro en grupo e comen larvas de insectos, insectos, peixeciños e crustaceos de auga doce.

Viven en lugares con moitas raices e sombras debidas ás plantas flotantes. Cada expemplar deberá despoñer do seu propio refuxio ou escondrillo.

Durante a freza as femias teñen un ventre mais redondeado. Desovan en buratos ou fisuras; os seus ovos poden trasladarse a un acuario de cria. O macho é o encargado de darlle de comer ás crías.. Emiten sóns parecidos aos ladridos.

lunes, 20 de octubre de 2008

Curiosidades sobre animais (Outubro). Por Antonio Fiaño e Sebastián Mosquera de 2º B

O LOBO

Sabiades que a parella dominante é a única que ten cachorros?.
Unhas tres semanas antes de parir a femia escarva un tunel na terra co obxecto de crear un refuxio. Cando ten os cachorros, permanece con eles ata que cumpran de 8 a 10 semanas. A femia debe escoller con moito tino onde facer dito refuxio: un sitio onde os demais lobos do grupo poidan cazar e defender sen problema e sempre cerca dunha fonte de auga.

jueves, 16 de octubre de 2008

Curiosidades sobre animais (Outubro). Por Antonio Fiaño e Sebastián Mosquera de 2º B

O LOBO

Sabiades que a parella dominante é a única que ten cachorros?.
Unhas tres semanas antes de parir a femia escarva un tunel na terra co obxecto de crear un refuxio. Cando ten os cachorros, permanece con eles ata que cumpran de 8 a 10 semanas. A femia debe escoller con moito tino onde facer dito refuxio: un sitio onde os demais lobos do grupo poidan cazar e defender sen problema e sempre cerca dunha fonte de auga.

jueves, 29 de mayo de 2008

Animais

A lavandeira branca

O macho no verán ten o curuto, a caluga e a gorxa negros. No inverno perde o negro da gorxa e só conserva unha media lúa no peito.
A femia ten a caluga cincenta ao igual que a cabeza e a gorxa.
Vive en prados húmidos e coa axuda da súa lingua e da súa cola, que lle serve para manter o equilibrio, caza ao vó os insectos. Menea constantemente a cola de arriba a abaixo. Non da saltiños senón que camiña.

sábado, 10 de mayo de 2008

Curiosidades sobre animais


O mergullón cristado

Mergúllase para alimentarse de peixes, cágados, caracois, crangrexos e insectos. Podes velo no encoro de Abegondo na primaveiraq facendo paradas de cortexo: recollen vexetación entre o macho e a hembra co peteiro unido, bailan como pingüíns, camiñando sobre a auga e sacudindo a cabeza. Todo iso para namorarse. Logon marchan lonxe, pois non crian aquí.

(Guía das aves do encoro Abegondo-Cecebre)

Día Internacional das aves

Hoxe conmemoramos este día recordándovos que tedes na Biblioteca do Instituto a "Guía das aves do encoro de Abegondo-Cecebre", publicada polo Concello de Abegondo fai unhos meses.

Na introdución desta guía faise referencia ao noso encoro, como un dos mellores lugares para observar as aves na comarca das Mariñas. Ao longo das estacións presentanse multitude de patos, garzas, andoriñas, tordos, ... A guía enséñavos a observalas e identificalas.

Podes descargar a guía neste enlace


http://www.abegondo.es/pub/documentos/documentos_guiaAvesAbegondo_73e84c6a.pdf

martes, 1 de abril de 2008

Curiosidades animais: Abril

O tucán

O seu pico é tan característico que case todo o mundo coñece esta ave das selvas tropicais do Centro e o Sur de América.
Non se sabe ben se é un atributo sexual. Durante a época de celo, o macho e a femia lánzanse pequenos foitos co pico.

Ainda que poida parecer o contrario o pico é mais lixeiro do que aparenta.

domingo, 2 de marzo de 2008

A Gacela

A Gacela: Das máis ecolóxicas

A Gacela vive nas sabanas de África e Asia. Teñen o lombo de cor pardo claro e o ventre branco. Estos animais poden permanecer sen auga durante largos periodos de tempo. Cando a herba está moi seca, como sucede en Kenia e Tanzania, a gacela necesita economizar auga do seu corpo: as súas cagarrutas tórnanse moi secas e os ouriños moi concentrados.

martes, 12 de febrero de 2008

AMOR AOS ANIMAIS

miércoles, 30 de enero de 2008

Curiosidades animais Xaneiro

O OVO MAIS GRANDE!!!!!!!

O ovo máis grande que se coñece é o de avestruz, de 20 cm de alto, 15 cm de diámetro e un peso de quilo e medio.

De 10 a 15 ovos pon a avestruz, uns poucos menos que os 20 da perdiz e bastantes máis que o solitario ovo que pon o pingüino.

lunes, 28 de enero de 2008

Curiosidades sobre animais: Compartindo tarefas

O macho e a hembra das garzas comparten tarefas domésticas: non só se turnan para incubar os ovos senón que cando as crias rachan o cascarón os pais turnánse día e noite para buscar comida. Todo un exemplo!!

sábado, 1 de diciembre de 2007

Curiosidades animais Decembro

Sabías que as formigas sinten a choiva moito antes de que caiga e levantan un círculo de terra rodeando o formigueiro para que non entre auga??????

Por que existe a expresión "bágoas de cocodrilo"????. Os cocodrilos non choran nin de magoa nin de emoción. Choran para eliminaren o exceso de sal do seu organísmo.