Mostrando entradas con la etiqueta Historia das palabras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia das palabras. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de junio de 2008

Historia das palabras

XUÑO: "ECOLOXÍA":

ECOLOXÍA (do el. comp. eco, "ambiente, ámbito vital + el.comp. loxía, "tratado, estudio, ciencia")

Ciencia que estudia as relacións existentes entre os seres vivos e o medio no que viven.
Pretende velar pola situación das condicións naturais alteradas pola man do home e por outros factores.

FAM: Ecolóxico, ecoloxista.

Entrada elaborada polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes

viernes, 2 de mayo de 2008

Historia das palabras

MAIO . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.

COMPOST (Etimol: Extensión do nome dunha marca comercial) Abono consistente nunha mestura de materiais orgánicos e minerais, empregado como fertilizante en agricultura.
Debe descompoñerse durante cinco ou seis meses antes de utilizalo.

COMPOSTAXE (do francés compostage: elaboración de compost) Procedemento biolóxico de recuperación de residuos agrícolas e urbanos, consistente en deixalos fermentar para que se poidan recuperar uns elementos ricos en minerais e materia orgánica.

martes, 1 de abril de 2008

Historia das palabras

ABRIL . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.

BIOGAS (do prefixo grego "bios-", que significa "vida", + "gas", do latín "chaos" que significa "caos", neoloxismo inventado polo químico flamenco I.B. Helmont no século XVII). Gas producido pola fermentación de materia orgánica.

BIOMASA (do prefixo grego bios-, que significa "vida"+ masa, do latín massa, que significa amontoamento, pasta) Suma total de materia dos seres vivos presentes nun ecosistema, expresada xeneralmente en unidades de superficie ou de volume.

sábado, 1 de marzo de 2008

Historia das palabras

MARZO . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.
BIODEGRADABLE (do prefixo grego "bios-", que significa "vida", + "degradable", termo latino que significa facer baixar un escalón, é dicir, transformar unha substancia complexa noutra sinxela + "bile(m)" sufixo latino que significa "capaz de"). Dise da substancia que se pode descompoñer de maneira natural pola acción de organísmos vivos.

lunes, 4 de febrero de 2008

XANEIRO . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.

Reciclar:(do prefixo latino re- ,que indica repetición e ciclo, do latín cyclu(m), grego KyKlus; roda, círculo mais o sufixo verbal -ar). Acción de volver a introducir no ciclo de producción e consumo productos materias obtidos de residuos.

Reciclaxe: (da familia léxica de reciclar) Sometemento de desperdicios ou materiais usados a un proceso que os faga novamente utilizables.

A reciclaxe contribúe a preservar o medio ambiente.

domingo, 2 de diciembre de 2007

Metereoloxía. El Niño

DECEMBRO

Metereoloxía, término que fai referencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso).

Se busca alumno/a que sexa quen de averiguar a orixe de "EL NIÑO". Si, si,...é non é o das camisetas, ou si?. Escribe a túa resposta e entregalla a Herminia ou a Marta.

Hoxe, 18 de Decembro, Tito e Andrés de 1ºA entregáronme este texto: "En climatología se denomina EL NIÑO a un síndrome cíclico que consiste en un cambio de patrones de movimientos de las masas de aire provocando, en consecuencia,un retardo en la cinética de las corrientes marinas "normales" desencadenando el calentamiento de las aguas sudamericanas; provoca estragos a escala mundial afectando a Sudamérica, Indonesia e Australia".