lunes, 10 de diciembre de 2007

O valor da auga


É o compoñente máis abundante na superficie da Terra, a parte constituinte de todos os organismos vivos e aparece en compostos naturais. Os conceptos de auga e vida son inseparables, pero a auga vai máis alá do seu valor como patrimonio natural e ecolóxico, a través dos ríos e as súas concas posúe tamén un valor cultural, xa que ó carón das beiras foise xerando ao longo dos séculos un legado histórico e etnográfico que forma parte da identidade de povos e comarcas. A imaxen é do MUIÑO de VIOS

sábado, 8 de diciembre de 2007

O Transporte


Nestes días de Ponte así como nas vindeiras datas de celebración do Nadal, a maioría de nós, ainda que non fagamos grandes viaxes, aproveitamos para desprazarnos ata lugares que fai tempo non visitamos, ir de compras, dar un volta pola cidade, visitar a familiares...Sabíades que máis dun 30% das viaxes en coche que se fan na Unión Europea cubren distancias inferiores a tres Kms?.

"Usar o transporte público é unhas das mellores opcións para aforrar enerxía":Este lema e outros similares escoitámolos a miúdo. É certo que un coche normal emite uns 170 grs de dióxido de carbono por Km percorrido, pero tamén é certo que a realidade de determinadas zonas onde vivimos esixe a utilización do coche como medio fundamental de desprazamento (e non me estou a referir únicamente ao Concello de Abegondo, os que vivimos noutros concellos limítrofes A Coruña tamén sabemos que o transporte público cubre mínimamente as necesidades que a poboación e o seu ritmo de vida plantexan). De todos xeitos, deixovos un par de consellos cos que podemos contribuir igualmente ao aforro enerxético:

Evitar frenazos ou aceleracións durante a conducción, pois supón a longo plazo un aforro do 15% de combustible e se lanza menos dióxido de carbono á atmósfera.

Usar as bicis nas distancias cortas ou falar cos veciños e amigos para facer desprazamentos conxuntos.

Cando nos toque cambio de coche teremos que mirar un ecolóxico.!!!DISFRUTADE DA PONTE!!!.

A imaxe corresponde ao coche solar que aparecía no filme "Pitch black"(2000).

jueves, 6 de diciembre de 2007

O Medio Ambiente está na Constitución Española

Artículo 45

1. Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo.

2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.

3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la ley fije se establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de reparar el daño causado.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Coidado do Medio Ambiente



Aquí vos deixamos unhas imaxes que esperamos sirvan para a concienciación de todos nós.

OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO VISITAN O AULA DA NATUREZA

O pasado 21 de novembro as rapazas e os rapaces de 1º de ESO fixemos unha visita á Aula da Natureza de Crendes. Ise día o Concello presentou unha guía de aves do Encoro de Cecebre. Asistimos ó acto e despois tivemos actividades.
Unha ornitóloga dounos unha charla con explicacións ben interesantes sobre como se creou o embalse e o ecosistema que alí habita. Falounos moito das aves: como viven, como se adaptan a iste medio, como se alimentan, etc. Tamén doutras especies coma cangrexos, nutrias, etc. Comentounos que había algunhas "invasoras" coma o cangrexo americano ou as carpas vermellas que as botaron e agora son un problema para outros animais porque son moi agresivas.
Despois das explicacións saímos cara o observatorio de aves que está á carón do Embalse.
De camiño vimos que o nivel da auga era moi baixo por mor da falta de chuvia diste outono. As persoas que nos acompañaron deixaronnos uns prismáticos e grazas a eles poidemos ver de cerca cormoráns, garzas, gaivotas, etc. Unhas adentrábanse na auga para pescar e outras picoteaban polas veiras.
O ornitólogo que estaba connosco mostrounos plumas de aves para identificalas, explicounos como se anelan aves e contestou as nosas preguntas.
Resultou unha activadade divertida e grazas a ela sabemos un pouco máis do noso Concello.

Entrada elaborada polo alumnado de 1º ESO

lunes, 3 de diciembre de 2007

"Os animais " Luar na Lubre



Recollendo as vosas suxestións, deixamos un novo video de "Luar na Lubre". Pertence ao seu último album. Pretendemos que sexa un agasallo para os pequenos/as de Abegondo, que de seguro coñecen a melodía. Para os alumnos e alumnas de Viós, a ver quen se anima a comentarnos o seguinte texto en inglés.

"It is an Irish melody, taken to America by the emigrants, where it was adopted as its own, even with different lyrics.
Luar na Lubre's version is an adaptation that Xabier Cordal made of one of those traditional lyrics, which may have biblical origins."

domingo, 2 de diciembre de 2007

Metereoloxía. El Niño

DECEMBRO

Metereoloxía, término que fai referencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso).

Se busca alumno/a que sexa quen de averiguar a orixe de "EL NIÑO". Si, si,...é non é o das camisetas, ou si?. Escribe a túa resposta e entregalla a Herminia ou a Marta.

Hoxe, 18 de Decembro, Tito e Andrés de 1ºA entregáronme este texto: "En climatología se denomina EL NIÑO a un síndrome cíclico que consiste en un cambio de patrones de movimientos de las masas de aire provocando, en consecuencia,un retardo en la cinética de las corrientes marinas "normales" desencadenando el calentamiento de las aguas sudamericanas; provoca estragos a escala mundial afectando a Sudamérica, Indonesia e Australia".

sábado, 1 de diciembre de 2007

Curiosidades animais Decembro

Sabías que as formigas sinten a choiva moito antes de que caiga e levantan un círculo de terra rodeando o formigueiro para que non entre auga??????

Por que existe a expresión "bágoas de cocodrilo"????. Os cocodrilos non choran nin de magoa nin de emoción. Choran para eliminaren o exceso de sal do seu organísmo.