martes, 4 de marzo de 2008

Contido dun correo eléctrónico

SI TE APETECE PARA QUE SE LO PASES A TODOS TUS CONTACTOS Y TE LO PONGAS DE PÁGINA DE INICIO
Google ha sacado un nuevo buscador para ayudar a repoblar el amazonas y los bosques de todo el mundo. Se llama www.ecoogler.com , funciona igual que el buscador google.com y cada vez que lo usemos se donará 1 hoja (muchas hojas hacen un árbol).

ES MUY IMPORTANTE QUE LO PASES ya que no nos cuesta nada y AYUDAMOS MUCHO. ¡¡PÁSALO!!

Gracias Ramón T.

lunes, 3 de marzo de 2008

A Ecoloxía lingüística

Unha colaboración de Aida Saray de 4º ESO, B.


Libros, xornais, televisión, radio,...Ultimamente vemos en todos os medios que se fala sobre ecoloxía, ser ecolóxicos, reciclar,...Vaia, todo o que se refire a manter limpo e san o medio ambiente.
E ben, eu penso, que sucede coa ecoloxía lingüística?. A xente está moi preocupada por manter limpas as nosas terras, por non perder árbores autótonas, reciclar,...
Pero, que pasa coas palabras que estamos a perder día a día?.O igual que ás árbores hai palabras que teñen milleiros de anos e sería moi triste perdelas por non usalas ou o que é peor, substituílas por palabras noutro idioma.
Isto lévame a falar sobre outra ecoloxía que tamén deberíamos ter presente. Refírome a ecoloxía toponímica. O patrimonio toponímico galego é riquísimo, hainos referidos á orografía, á flora, á fauna..., e polo tanto eu creo que deberíamos conservalos vivos e sen fallos.
Estes nomes de lugares galegos teñen milleiros de séculos e non pode ser que polo desinterese da xente, por non conservalos, perdamos a riqueza que nos ofrecen.
Ás veces encontrámonos ante casos nos que a palabra non ten tradución e ainda así hai xente que se atreve a facelo. Casos como Ardejujo, Juanzo, Arteijo,etc. tamén por falsas traducións como Mesón del Viento ou Niño de la Guía.
Todas as palabras sexan nomes de lugar, de persoa, nomes de árbores,..., teñen moitos anos e moita historia atrás deles, sería inxusto que nós os cambiaramos nun segundo por cousas inxustificadas.
A miña opinión é que todo o mundo é libre e polo tanto pode escoller a lingua que quera utilizar e que non se pode xulgar ou clasificar ás persoas só pola lingua que estes utilicen.
A Lingua Galega e as palabras que a forman teñen moitos anos e, sobre todo, moita historia, conservala é cousa de todos e, o igual que podemos reciclar ou non, podemos axudar a conservala ou non...

Adiviñas.

Adiviña quen son:

Cando vou,
veño
e cando veño
vou

domingo, 2 de marzo de 2008

Adiviñas.

Adiviña quen son:

Cando vou,
veño
e cando veño
vou

A Gacela

A Gacela: Das máis ecolóxicas

A Gacela vive nas sabanas de África e Asia. Teñen o lombo de cor pardo claro e o ventre branco. Estos animais poden permanecer sen auga durante largos periodos de tempo. Cando a herba está moi seca, como sucede en Kenia e Tanzania, a gacela necesita economizar auga do seu corpo: as súas cagarrutas tórnanse moi secas e os ouriños moi concentrados.

sábado, 1 de marzo de 2008

La Voz de Galicia: sábado 1 de marzo

Deixovos un artigo que atopei hoxe na prensa e que ten relación coa enquisa que propoñemos para estes días.


As familias urbanas galegas poderían aforrar ata un 30% de auga

A campaña para o aforro de auga que pretende levar a cabo a Xunta de forma inmediata pode ter consecuencias moi positivas nos encoros da comunidade.

Segundo os datos máis optimistas, a redución do abastecemento pódese chegar a cifrar no 30%, aínda que se se obtivese un 10% de descenso no consumo tamén se podería falar de éxito na campaña. O certo é que máis aló das cifras, a idea da Xunta é mentalizar aos cidadáns no consumo responsable para que este mantéñase no tempo.

Uns 8.000 litros ao mes

Emalcsa, a empresa municipal de augas da Coruña, realizou o ano pasado a campaña Coida cada pinga para o consumo responsable na cidade, e as conclusións foron moi positivas: reduciuse nun 4,6% o gasto familiar e pasouse dos 27 metros cúbicos ao trimestre a uns 25; isto supón uns 8.000 litros de auga cada mes por fogar.

As contas de Emalcsa indican que isto é 143 litros de consumo por persoa e día, un dato moi halagüeño en tanto a media española está en 170 (segundo o INE) e en Inglaterra rolda os 155. A OMS recomenda que a cifra estea nun mínimo de 80 litros por persoa e día (nos países subdesarrollados achégase aos 25 litros e en moitos lugares de Occidente pasa dos 300).

Para limitar un pouco o noso consumo de auga, só hai que aplicar uns consellos básicos: é mellor ducharse que tomar un baño, e se a ducha é de cinco minutos no canto de dez, perfecto; hai que pechar a billa mentres un se cepilla os dentes; e pór unha botella chea de auga na cisterna (se non ten sistema de aforro) para que de cada vez gaste un litro menos na descarga; tamén se debe esperar a encher a lavadora e o lavalouzas para polos a funcionar. Por suposto, hai que evitar que haxa billas que goteen, xa que supoñen uns 9.000 litros de gasto inútil cada ano. De cumprir todos os consellos, a redución pode superar o 30% do gasto normal.

Inventos


A historia da metereoloxía está constituída por pequenas aportacións que contribuiron a dar grandes pasos cara diante. Un deles foi:

O barómetro (1643) por Torricelli, quen tamén estudiou a presión atmosférica.

Historia das palabras

MARZO . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.
BIODEGRADABLE (do prefixo grego "bios-", que significa "vida", + "degradable", termo latino que significa facer baixar un escalón, é dicir, transformar unha substancia complexa noutra sinxela + "bile(m)" sufixo latino que significa "capaz de"). Dise da substancia que se pode descompoñer de maneira natural pola acción de organísmos vivos.