martes, 18 de marzo de 2008

Publicación de Xardíns das Mariñas

A Asociación G.A.L. Terra das Mariñas e a Fundación Juana de Vega acaban de editar un fermoso libro Xardíns das Mariñas de autoría de Jesús A. Sánchez García.
Parabéns pola iniciativa e polo resultado: un libro moi atractivo co que poderemos coñecer boa parte dos xardíns históricos da comarca das Mariñas, espazos singulares ata agora ocultos ao público, pero que forman parte do noso patrimonio paisaxístico e como tal, deberiamos coñecer, valorar e conservar.
A xeito de catálogo, o libro aporta datos históricos sobre a creación dos xardíns, descrición das características formais de cada un, especies botánicas singulares, estado actual de conservación e unha magnífica galería fotográfica.
Disfrutade da posibilidade de entrar nestes xardíns históricos, a maior parte deles en pazos de propiedade privada, e de apreciar a súa riqueza e variedade.

Colaboración de Teresa Fernández

Que é a ecoloxía ?

É posible que asociedes a ecoloxía cos intrépidos mozos que soben ás pontes dos vellos monocascos para colocar a bandeira de Green Peace ou cos vexetarianos radicais que non proban a carne e que cruzan os dedos ante un Mc Donals ou con algúns movementos políticos que nos din día tras día que estamos a destruir o noso fogar ou, quizais cos movementos antisistema.
Pero todo isto son espontáneas asociacións de ideas. Sabemos realmente o que é a ecoloxía?
A ecoloxía non é algo moderno, ou .... si, non sei. Se pensamos no tempo que o ser humano leva pisando a Terra, dende logo que é moderna, pero se consideramos que é algo dos últimos corenta anos, estamos equivocados, xa ten 140!
En 1866, coa Revolución Industrial desenvolvida e en plena expansión da corrente filosófica positivista, un prusiano (lembrade alumnos de 4º que Alemaña non existía como tal), Ernst Haeckel, introduciu no seu traballo a Morfoloxía Xeral do Organismo o termo öcologie, estaba composto polas palabras oikios (casa, vivenda, fogar) e logos(estudio). Así xa sabemos o que é a ecoloxía, algo tan simple como O ESTUDO DOS FOGARES!
En principio a idea era estudar as relacións dos seres vivos co seu ambiente, pero, co tempo, tamén se estudaron as características do medio e a transformación da materia e a enerxía polas comunidades biolóxicas. En teoría, como é unha ciencia, non debe establecer o que é "bo" ou o que é "malo", como non o fan as matemáticas ou a química, pero o ecoloxismo toma da ecoloxía a biodiversidade como base científica e tamén a termonoloxía que expresa os problemas medioambientais.
Temos, entón, que distinguir entre ecoloxía e ecoloxismo pero é unha tarefa dificil que deixo para os lingüistas.
Hoxe en día o termo ecoloxía é tan amplo que podemos falar de ecoloxía de poboacións, de comunidades, matemática, da paisaxe, do comportamento, ou da economía acolóxica ....
Seguiremos falando de ecoloxías, do señor Haeckel e doutros colegas seus.

Colaboración de Ana López Formoso

lunes, 17 de marzo de 2008

Actividades día da auga








Aquí tedes unha mostra dos traballos feitos polos alumnos de 3º nas clases de Atención Educativa que adicaron ao día da auga.






miércoles, 12 de marzo de 2008

colaboracion Carlos yConsuelo

http://docs.google.com/Presentation?docid=dd4gtngv_24hfdv5hhn&hl=en

Día mundial da auga 22 de marzo


Imos dar tan só uns poucos datos sobre a importancia da auga:
A auga forma o 65% do noso organismo.
A vida na Terra escomenzou na auga dos océanos primitivos.
A auga ocupa o 75% da superficie terrestre.
Todas as reaccións químicas das nosas células ( 0 metabolismo) se produce grazas a auga.
Polas propiedades físicas e químicas da auga non podería existir vida no noso planeta se non houbese auga nel.
Todo isto nos debe facer reflexionar sobre a importancia que ten o uso racional da auga, un recurso natiural cada vez máis escaso.

Colaboración de Carlos

martes, 11 de marzo de 2008

Le respect dû à la nature

On doit laisser la Terre aussi propre qu´on l´a trouvée en arrivant.
Il fuat penser à ceux qui vont venir darrière. Le monde va continuer. Après vous, c´est pas le deluge.

Dire bonjour au Solei quand il se lève.
Ne pas cracher par terre.
Ne pas shooter dans les champignons.
Saluer les arbres qu´on croise.
Ne pas cuiller les fleure avec leur racine, elles ne repousseraient plus.
Ne pas jeter de bouteilles en plastique dans la campagne.
Ne pas verser son huile de vidange dans la rivière, les poissons ne la digèrent pas.
Ne pas jeter son mégot dans la forèt si on veut retrouver la forèt l´année prochaine.
Ne pas traverser les bois à moto, ni avec sa musique à tue-tête, pensez aux oiseaux qui font la sieste.
Ne pas faire pipi dans la mer, par respecte por les crevettes.
Aplaudir un ciel étoilé.

Activités sur le texte
Le texte " Le respect dû à la nature" comporte-t-il:

une información ? une definición ? une recette ? un règlement ?

Vous truvez ce texte:

sérieux ? intéressant ? practique ? poétique ? amusant ?

Donnez des exemples.
Avez-vous d´outres idées
Colaboración de Elena Fernández

sábado, 8 de marzo de 2008

Actualidade cinematográfica. "Paisajes transformados"

Sinopsis: “Paisajes transformados” es un documental sobre el trabajo del internacionalmente reconocido artista Edward Burtynsky. La película le sigue en su viaje por China mientras fotografía la evidencia y los efectos de la masiva revolución industrial del país. La presa más grande del mundo, las fábricas kilométricas y la sobrecogedora renovación urbana de Shanghai son algunos de los temas que captura la lente de su cámara en este documental que nos hace meditar sobre nuestro impacto en el planeta.

jueves, 6 de marzo de 2008

Día mundial do aforro e eficiencia enerxética

Estamos a familiarizarnos co termo "eficiencia enerxética", pero de que se fala exactamente cando se utiliza esta expresión?. De algo tan sinxelo como da adecuada administración da enerxía e, en consecuencia do seu aforro.
O desenvolvemento da nosa vida cotiá require o consumo de enerxía. Non se trata de non utilizala se non de conter o seu gasto e usala eficientemente, cuestión na que todos temos responsabilidade.
Os sectores de maior potencial de aforro enerxético son o transporte, a produción enerxética e as edificacións polo que cumpre actuar prioritariamente sobre eles para reducir o consumo e disminuir as emisións de gases de efecto invernadoiro.